[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Xulgados de Paz » Pazos de Borbén » Fondo. Norma ISAD(G)
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Xulgados de Paz
Pazos de Borbén
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Cadro de clasificación
Inventario

Páxina 1 [2] 3 4
PAZOS DE BORBÉN 

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AXP.36037
1.2. Título Arquivo xulgado de paz de Pazos de Borbén
1.3. Datas 1837-2012
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 111 libros do rexistro civil e 99 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xulgado de paz de Pazos de Borbén
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Pazos de Borbén no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Redondela, no que se mantén ata a súa supresión no ano 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra, para volver á situación anterior, incorporándose ó partido de Redondela no ano 1988.

Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con integrado no xulgado comarcal de Soutomaior dende o ano 1945 ata o 1953.

2.3. Historia arquivística

O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 20 m2.

Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 14 metros lineais.

O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1994, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. No año 2005 prodúcese a súa actualización levada a cabo por Jacobo Domínguez Pedreira, Iñaki Varela Pérez, Roberto Rodríguez Álvarez, Julio Rafael Pereira Bernárdez e Alberto Aramburu García-Pintos.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1837, criminal dende 1870 e gobernativa dende 1846, ou de eleccións dende 1907.

Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa depor si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. REXISTRO CIVIL

   
1.1. CORRESPONDENCIA 1879-2012 4
1.2. NACEMENTOS 1866-2012 65
1.3. MATRIMONIOS 1864-2012 58
1.4. DEFUNCIÓNS 1864-2012 57
1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1908-2010 5
1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1897-1968 2
1.7. NACIONALIDADE 1870-2011 6
1.8. LIBROS DE FAMILIA 1951-2010 2

2. XULGADO

2.1. ADMINISTRACIÓN 1879-2012 17
2.2. ASUNTOS CIVÍS 1837-2012 33
2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1870-2012 25
2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1846-2012 27
2.5. ELECCIÓNS 1907-2009 8
2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1980-1986 1


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ameto superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Pazos de Borbén, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario dos arquivos dos xulgados de paz”
Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 58, Tomo I
D.L. PO-23-98 ISBN: 84-89690-29-4
*"Os arquivos dos Xulgados de Paz"
Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 12, pgs. 283-303.
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Febrero de 2013

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/02/2013 14:02
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/