[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Xulgados de Paz » Barro » Fondo. Norma ISAD(G)
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Xulgados de Paz
Barro
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Cadro de clasificación
Inventario

Páxina 1 [2] 3 4
BARRO 

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AXP.36002
1.2. Título Arquivo xulgado de paz de Barro
1.3. Datas 1831-2002
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 63 libros do rexistro civil e 101 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xulgado de paz de Barro.
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Barro no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965 pasando a integrarse no de Pontevedra. No ano 1988 coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis volve a integrarse neste.

Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, integrándose no xulgado comarcal de Caldas de Reis dende o ano 1945 ata o 1951.

2.3. Historia arquivística

O arquivo do xulgado sitúase na primeira planta dun local propio de 140 metros cadrados, nun local dunha superficie total de 60 m2.

Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 40 metros lineais.

O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Iria Jáuregui Carrasco e Victoria Hortas Porto.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1889, criminal dende 1870 e gobernativa dende 1774, ou de eleccións dende 1908.

Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. REXISTRO CIVIL

   
1.1. CORRESPONDENCIA 1908-2002 5
1.2. NACEMENTOS 1831-2002 36
1.3. MATRIMONIOS 1870-2002 25
1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2002 29
1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1904-1998 1
1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1903-1956 1
1.7. NACIONALIDADE 1957-2000 1

2. XULGADO

2.1. ADMINISTRACIÓN 1886-2002 29
2.2. ASUNTOS CIVÍS 1889-2002 24
2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1870-1992 12
2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1774-2001 9
2.5. ELECCIÓNS 1908-1994 8
2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1955-1998 1


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ameto superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Barro, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario dos arquivos dos xulgados de paz”
Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 58, Tomo I
D.L. PO-23-98 ISBN: 84-89690-29-4
*"Os arquivos dos Xulgados de Paz"
Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 12, pgs. 283-303.
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2004

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/02/2005 10:49
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/