[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 17 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Audiovisuais » Gravacións sonoras
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Material gráfico
Gravacións audiovisuais
Gravacións sonoras
Catálogo

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 [9] 10 11 12
AUDIOVISUAIS 

Gravacións sonoras

Dende 2004 o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, sensible á urxencia da recuperación do noso patrimonio sonoro, creou un espazo para a recompilación, conservación e difusión das gravacións sonoras galegas éditas e inéditas en calquera soporte realizadas en Galicia e mais as realizadas fóra do noso territorio que estean relacionadas coa nosa cultura.

Esta iniciativa pretende reunir toda a documentación sonora galega que sexa posible tendo en conta a música, a palabra, os sons naturais e outros sons que tamén nos rodean contribuíndo a que o noso contorno se conforme como unha paisaxe sonora única con identidade de seu.

  • FONDOS

  • O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico foi quen de reunir máis de 7.000 gravacións sonoras nestes cinco anos. Esta documentación sonora procede da adquisición a discográficas, tendas de música, feiras, rastros, coleccionistas, particulares, etc, do intercambio con institucións, arquivos sonoros e centros de documentación e mais da doazón de empresas, asociacións e particulares.

    Os soportes nos que aparece esta documentación sonora poden ser analóxicos ou dixitais. Entre os soportes analóxicos figuran discos 78 r.p.m. (os comunmente coñecidos como lousas, pizarras ou discos de pasta, dos que diferenciamos os que son acústicos dos eléctricos, e mais as matrices de aluminio), discos de vinilo (Single, Maxi-Single, EP, LP e Mini-LP), cartuchos, casetes e carretes de cintas magnetofónicas. Entre os formatos dixitais atopamos CD, CD-ROM, DVD e Memoria USB.

    Dende este Servizo animamos a todas as persoas que dispoñan de gravacións sonoras galegas éditas ou inéditas a que se sensibilicen co noso proxecto e se acheguen ás nosas dependencias co material que consideren para contribuír á recuperación do noso patrimonio inmaterial e á creación dun espazo para a súa consulta e conservación no tempo.

  • CATALOGACIÓN E CONSERVACIÓN

  • Atendendo ao seu contido clasificamos a documentación sonora en tres arquivos específicos:

    Dentro deste primeiro nivel de clasificación agrupamos as gravacións sonoras segundo sexan éditas ou inéditas.

    As gravacións sonoras están catalogadas segundo as regras de catalogación vixentes e recollidas nunha base de datos na que cada unha das descricións dos rexistros vai acompañada dunha imaxe da súa portada.

    Este centro trata de manter as condicións óptimas de temperatura e humidade relativa que require a conservación deste tipo de documentación.

  • DIFUSIÓN

  • O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra dispón dunha sala equipada para a audición e consulta dos distintos rexistros sonoros. Tamén dispón dun catálogo en liña dos fondos consultable en http://www.arquivos.depontevedra.es que conta cunha descrición básica da documentación sonora.

    Para que os investigadores poidan ampliar a súa información sobre temas relacionados coas gravacións sonoras galegas este Servizo conta cunha biblioteca que dispón de numerosos fondos bibliográficos e unha editorial que publica libros de temática musical entre outros.

  • DESTINATARIOS

  • A documentación sonora está a disposición de todos os cidadáns para a súa consulta, investigación e outros empregos que non teñan carácter comercial. Este centro non ofrece servizo de préstamo.

    Para información e consulta dos fondos o enderezo e o seguinte:

    Rúa Padre Amoedo, 1

    36002 PONTEVEDRA

    Teléfonos: 986 844 604 - 986 844 363

    Fax: 986 844 604 - 986 844 363

    E-mail:arquivosonoro@depo.es.

    Dirección páx. web:arquivos.depo.es

    Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 [9] 10 11 12

    INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/02/2014 12:37
    Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
    Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
    Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
    http://www.depontevedra.es/