[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cidade Infantil Príncipe Felipe
Páxina Principal
Servizos
Cidade Infantil
Príncipe Felipe
Historia
Notas de identidade
Requisitos de acollemento residencial
Instalacións
Centro de Primeira Acollida
Centro infantil (maternais)
Centro Agarimo
Centro infanto-xuvenil
'Escola-Fogar'
Residencia Xuvenil
Centro de día
Escola infantil
Obxectivos e fins
Actividades
Campamento da Lanzada
Historia
Localización
Instalacións
Solicitudes
Taxas
Taxas

Páxina 1 2 3 [4] 5
CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE 

Centro de día. Prazas e criterios



PRAZAS

Aténdese a menores de 0 ata 16 anos

De 4 a 18 meses10 prazas
De 18 meses a 3 anos20 prazas
De 3 a 8 anos40 prazas
De 8 a 16 anos50 prazas


CRITERIOS DE ADMISIÓN

  • Solicitude debidamente cumprimentada
  • Situación económica:
    RPC mensual da unidade familiar, referida ó salario mínimo interprofesional vixente:
    • Inferior ó 50% do SMI: +8 puntos
    • Entre o 50% e o 75% do SMI: +6 puntos
    • Superior ó 75% e inferior ó 100% do SMI: +4 puntos
    • Entre o 100% e o 125% do SMI: -4 puntos
    • Superior ó 125% e inferior ó 150% do SMI: -6 puntos
    • Superior ó 150% do SMI: -8 puntos

  • Situación laboral familiar:
    • Situación laboral de ocupación de ámbolos dous membros parentais: 8 puntos
    • Situación laboral de desemprego sen prestación económica:
      • Pai: 4 puntos
      • Nai: 4 puntos
    • Situación laboral de desemprego con prestación económica:
      • Pai: 3 puntos
      • Na: 3 puntos
    • Traballos sen cualificar fora do fogar sen percepción económica fixa:
      • Pai: 3 puntos
      • Nai: 3 puntos

    No caso de familias monoparentais, adxudicaráselle-la puntuación do epígrafe correspondente computando por dous, exceptuado o primeiro punto, en que a puntuación da familia monoparental se asimila á formada por dous membros.

  • Situación Socio-Familiar:
    • Por cada membro menor de 18 anos a cargo da unidade familiar, incluído/a o/a neno/a para o que se solicita a praza: 2 puntos
    • Por cada membro maior de 18 anos a cargo da unidade familiar, sen ingresos económicos, agás os pais ou titores do neno/a para o que se solicita a praza: 2 puntos
    • Por discapacidade física, psíquica ou sensorial, enfermidade crónica que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia (segundo o grao):
      • Pai: ata 5 puntos
      • Nai: ata 5 puntos
      • Outros membros: ata 5 puntos
    • Pola condición de familia monoparental: 6 puntos
    • Calquera outra circunstancia socio-familiar que sexa susceptible de valoración ó xuízo da comisión e adecuadamente acreditada: ata 5 puntos
    • Informe dos servicios de psicoloxía da Institución, valorando as circunstancias do menor: ata 5 puntos.
    • En caso de minusvalias, trastornos Psicolóxicos ..etc. é imprescindible adxuntar informe médico.
    • Existe para os menores un período de proba e de adaptación ós centros e ás súas normas, no caso de non cumprilas poderán ser dados de baixa nos centros, previo informe dos Servicios Técnicos da Cidade Infantil.
    • O principio de cada curso, as familias asinarán no Centro, un protocolo de compromisos, dependendo as circunstancias que motiven a admisión do menor.
    • Existirá a posteriori unha comisión de Seguemento, que valorará durante o transcurso da estancia do menor, se os compromisos inicias son cumpridos.
    • A Comisión de Seguemento ten a competencia de decidir a continuidade ou non do menor no Centro, se os compromisos non son acadados ou non se cumpren.

En todo caso serán criterios de inadmisión:

  • Menores que se atopen en situación de desemparo e, polo tanto, suxeitos á xurisdicción da Xunta de Galicia
  • Menores sen capacidade de autovalemento
  • Menores con trastornos graves de conducta.
  • Menores con deficiencias psicolóxicas graves
  • Menores con toxicomanías

A valoración da solicitude realizarase cada curso escolar, non implicando a admisión, a prorroga o curso seguinte.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/04/2005 13:13
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/