[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Bueu » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Bueu
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
BUEU 

O local

A casa do concello de Bueu é un edificio en pedra, con baixo, planta e baixo cuberta, resaltando na súa fachada o bloque central arcado e balconado. Foi construído nos primeiros anos do século XX, culminando un proceso iniciado coa poxa dos terreos no ano 1881, con varias reformas ó longo da súa vida, entre elas o engadido exterior da estructura que soporta un elevador.

Ocupaba o arquivo na fase inicial de organización o amplo baixo cuberta da casa do concello, con case douscentos metros cadrados, formado por varias salas intercomunicadas, cunha estructura de madeira na parte central e formigón nos laterais.

A falta de espazo e a decisión política conlevaron ó traslado do patrimonio documental a un baixo en aluguer na parte alta da vila, situación prolongada varios anos deica a situación actual na que coincidindo coa fase de reorganización e informatización, se instala provisionalmente na primeira planta da casa da cultura e biblioteca de Cela, na espera dunha posible ampliación da casa do concello e a habilitación na mesma dun espacio suficiente e adecuado.

Conta o local do arquivo de Bueu con dúas salas para depósito, tratamento e consulta documental, ademais dun pequeno despacho para o arquiveiro. Unha das salas serve unicamente como depósito, con estantería metálica distribuída pola súa totalidade. Canto á segunda sala ademais de gardar documentación serve de zona de consulta e traballo.

Na súa totalidade o arquivo dispón dunhas axeitadas instalacións, debidamente equipadas e acondicionadas, con ventilación e iluminación regulable, deshumificador e perto de catrocentos metros lineais de estantería, suficientes na actualidade para o fondo documental custodiado.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/09/2006 13:35
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/