[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura » Plan Cultural » Plan Cultural 2004
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Plan Cultural 2013
Plan Cultural 2012
Plan Cultural 2011
Plan Cultural 2010
Plan Cultural 2009
Plan Cultural 2008
Plan Cultural 2007
Plan Cultural 2006
Plan Cultural 2005
Plan Cultural 2004
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

Páxina [1] 2 3
CULTURA 

Un gran proxecto de cultura
para a provincia

 

A Deputación de Pontevedra, dende a súa constitución, ten un compromiso firme e decidido coa promoción da cultura en todas as súas manifestacións. Por este motivo, teño a honra de presentar unha nova edición do Plan Cultural, que este ano superará o índice de participación de pasadas edicións coa presencia de 682 agrupacións que farán chegar a súa arte a todos os recunchos da provincia. Neste senso, gustaríame salientar a inestimable colaboración de Caixanova, que realizou unha importante achega económica ó organismo provincial para desenvolver esta iniciativa.

Importantes escritores, fotógrafos, xornalistas e pintores estiveron dende sempre vinculados a Pontevedra. Dende o inesquecible Valle Inclán ata Castelao -que aínda podemos percibir polas rúas da cidade-, pasando polos famosos Laxeiro, Maside, Arturo Souto, Colmeiro ou Asorei, que foron impulsados pola Deputación para orgullo da nosa provincia. Pero non podemos esquecer tampouco que Pontevedra conta cun centro cultural referente en Galicia, o noso Museo Provincial, caracterizado pola riqueza e diversidade dos seus fondos.

Hoxe, esta aposta pola cultura é maior e máis decidida ca nunca porque a cultura é sinónimo de vida, de movemento e, en definitiva, dunha sociedade aberta e dinámica como o é a cidadanía pontevedresa. De aí as nosas axudas a grupos e á creación artística, as nosas escolas de formación e o noso apoio a manifestacións como a Bienal de Pontevedra, o certame Novos Valores, ou a este Plan Cultural que hoxe presentamos.

Un Plan que divulga a actividade de 61 bandas de música, 118 masas corais, 118 bandas de gaitas, 127 grupos folclóricos, 56 pandeiretas, 23 de folk, 37 clásicos, 70 agrupacións teatrais, ademais doutros como roldas, poetas, grupos de animación infantil, humoristas, grupos de baile moderno, de música vocal, de pop rock, de ballet, majorettes, e orquestras clásicas. Un plan que pretende recuperar e difundir a nosa cultura tradicional, aínda que tamén a innovación e a creatividade.


Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación de Pontevedra

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/05/2004 13:25
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/