[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Webs temáticas » O Pazo de Lourizán
Páxina 1 2 3 4 [5] 6
O PAZO DE LOURIZÁN 




[Prema (click) para ampliar a imaxe]

O PREDIO FORESTAL

Lourizán ademais de ter un gran edificio está rodeado de terras, 54 hectáreas, que se reparten entre o xardín, a finca e o arboredo, froito da ligazón entre a agricultura, a botánica e a vida pacega. As diferentes etapas foron deixando pegadas ó longo de todo o predio; a granxa inicial, o xardín señorial e o centro de investigacións forestais, fixeron que hoxe conflúan a ciencia, a arte e a natureza, nunha mestura que reflicte beleza, tranquilidade e harmonía.

[Prema (click) para ampliar a imaxe]

Numerosas árbores autóctonas: carballos, castiñeiros, bidueiros e outras foráneas atoparon nestas terras a ancoraxe das súas raíces, mesturadas coas camelias, as vides e as palmeiras. Atópase un contorno vexetal realizado por especialistas franceses en xardinería, unha parte destinada ó cultivo da vide e outra a especies exóticas: cipreses, araucarias, cedros, magnolias, plátanos e aligustres, e un senfín de variedades máis.


Fotografía: Anxo Rial / ArteXphoto

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/04/2004 07:39
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/