[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Webs temáticas » O Pazo de Lourizán
Páxina 1 2 3 [4] 5 6
O PAZO DE LOURIZÁN 




[Prema (click) para ampliar a imaxe]

EDIFICIO

O romanticismo que se enmascara neste edificio maxestoso de grandes e elegantes dimensións foi obra de Genaro de la Fuente Domínguez. Accédese por unha escaleira de pedra de corte imperial custodiada por estatuas que representan virtudes, valores e devocións. A parte central realzada por un brasón e un reloxo, no lugar do escudo que locen os pazos galegos, denota a presencia fidalga, na parte inferior un balcón e unha terraza que fai de miradoiro e embaixo unha gruta escondida tras as ramaxes.

[Prema (click) para ampliar a imaxe]

A porta principal de acceso é de características sinxelas, tendo impresas no seu vidro as iniciais maiúsculas dos seus antigos donos “E e A”, “Eugenio e Avelina”, enriba un balcón e no alto o reloxo. Ademais da parte central o edificio ten dúas alas laterais, de maior lixeireza, cunha mestura de clasicismo modernista, dominando a pedra coma no resto, nas columnas, nos balcóns e ornamentos que decoran cun estilo de resortes clasicistas cada oco, cada espacio. Unha terraza de gran extensión ocupa a parte superior con pilastras de pedra e traballados floreiros. A pedra e o cristal son os dous elementos principais deste palacio, ventás acristaladas ó xeito de galería, que deixa pasar a luz, convertendo o interior nun corredor no que penetra o xardín.

A presencia de moitos estilos xunto coa orixinalidade propia fan que este edificio teña unha apariencia monumental, de grandiosidade e creatividade, resultado da reconstrucción a finais do século XIX sobre un edificio do XV, a maior lembranza, o maior recordo ó ilustre Monte Ríos.


Fotografía: Anxo Rial / ArteXphoto

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/04/2004 06:57
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/