[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Arquivo Deputación Provincial » Fondos e coleccións » Dixitalización documental » Patrimonio documental
Páxina Principal
Arquivo Deputación Provincial
Fondos e coleccións
Arquivo Deputación. (Institución)
Fondo Deputación
Outros fondos
Reprografía de complemento
Fondos documentais
Fondos bibliográficos
Dixitalización documental
Patrimonio documental
Patrimonio bibliográfico
Patrimonio Documental Provincial

Páxina [1] 2
 

Patrimonio documental

No seu día, en coincidencia cos principios da UNESCO, cuxo obxectivo é a salvagarda do patrimonio documental internacional, o acceso democrático ao devandito patrimonio, o coñecemento crecente do seu significado e a necesidade de preservalo, púxose foron: en marcha un proxecto de dixitalización do patrimonio documental e bibliográfico conservado no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación Provincial. Os obxectivos marcados foron os seguintes:

-Incrementar o acceso por parte dos usuarios aos fondos da biblioteca ou o arquivo, mellorando o acceso a determinadas coleccións.

-Mellorar os servizos para un grupo crecente de usuarios proporcionando un acceso de maior calidade aos recursos da institución en relación coa educación e a formación continua.

-Reducir a manipulación e o uso de materiais orixinais fráxiles ou utilizados intensivamente e crear unha copia de seguridade para o material.

-Ofrecer á institución oportunidades para o desenvolvemento da súa infraestrutura técnica e para a formación técnica do seu persoal.

-Impulsar o desenvolvemento de recursos cooperativos, compartindo intereses comúns con outras institucións para crear coleccións virtuais e incrementar o acceso a nivel internacional.

-Aproveitar as oportunidades financeiras que se nos presentan cara á mellora técnica e o aproveitamento dos recursos.

Está rematada xa a fase de dixitalización dos fondos documentais previstos nesta primeira actuación de dixitalización de documentación conservados no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico ou de interese informativo para a consulta e investigación. Queda que pendente parte do proceso de control de calidade e revisión para estar a disposición dos usuarios o que se espera aconteza nos vindeiros meses así como o remate do proceso en marcha de dixitalización dos fondos dos concellos .

Detallado polo miúdo, nesta primeira fase dixitalizouse a seguinte documentación:

1.- Arquivo da Diputación. Fondos documentais (248.433 imaxes)

-Libros de Actas

*Libros de actas do Pleno 125 libros

*Libros de actas da Comisión Xestora 16 libros

*Libros actas da Comisión Provincial Permanente 87 libros

*Libros de actas da Comisión de Gobierno 27 libros

*Libro de actas da Comisión de Armamento e Defensa 1 libro

-Fondos documentais da “Sección de Montes”

*Visitas dehesas reales y plantíos 392 expedientes

*Censos de montes: 72 expedientes

*Expedientes de excepción de ventas 39 expedientes

*Acotamientos y deslindes 4 expedientes

-Fondos de “División Territorial” 222 expedientes

-Microfichas persoal transferido Sergas 1.120 microfichas

-Fondos familiares ou especiais:)

*Familia Caamaño: 138 u. instal.

*Casa de Porto-Briallos: 7 u. instal.

*Familia Malvar: 15 u. instal.

*Marqueses de Leis ( imaxes) 9 u. instal.

*Salinas de Vilaboa ( imaxes) 2 u. instal.

*Pazo da Buzaca ( imaxes) 40 u. intal

*Familia Nores ( imaxes) 2 u. instal.

*Familia Mosquera ( imaxes) 1 u. instal.

*Familia Domínguez-Sánchez ( imaxes) 2 u. instal.

*Gaspar Massó ( imaxes) 1 u. instal.

2.- Fondos documentais de arquivos municipais

Dentro do programa de dixitalización de fondos dos arquivos municipais da provincia, en execución na actualidade en 58 concellos da provincia de Pontevedra, está previsto a dixitalización da documentación de maior relevancia informativa (actas e rexistros especialmente) utilizando o mesmo criterio en cada un deles, sen prexuízo de posteriores actuación que cubran casos concretos ou outras series documentais de interese. A actuación vese limitada nesta primeira fase a unha pequena porcentaxe do total documental. En concreto inclúe a seguinte documentación.

-Expedientes de división territorial

-Libro de actas Pleno

-Expedientes de cargos municipais

-Ordenanzas e regulamentos

-Libro de resolucións da Alcaldía

-Libro rexistro de bandos

-Libro rexistro de edictos

-Expedientes de protocolo

-Heráldica municipal

-Libro de comunicacións da Alcaldía

-Libro de actas da Comisión Municipal Permanente

-Libro de actas da Comisión de Goberno

-Libro de actas da Xunta de Goberno Local

-Libro de actas de Comisións Informativas

-Libro rexistro de expedientes

-Libro rexistro de entrada de documentos

-Libro rexistro de saída de documentos

-Inventario de bens

-Expedientes de arrendamentos

-Expedientes de alleamentos e cesións

-Expedientes de desafectacións

-Expedientes de doazóns

-Expedientes de compras

-Expedientes de permutas

-Expedientes de reversións

-Expedientes de deslindes

-Libro rexistro de licenzas de obras

-Libro rexistro de industria

-Xunta Local de Sanidade

-Xunta Local de Beneficencia

-Xunta Municipal de Ensino

-Xunta Municipal do Censo de Poboación

-Xunta do Censo Electoral

-Xunta Municipal de Asociados

-Xunta Pericial

-Libro de amillaramento

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/02/2018 13:11
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/