[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Illa de Arousa, A » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Illa de Arousa, A
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
ILLA DE AROUSA, A 

A documentación

Rematada esta primeira actuación de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 1.631 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1996 ata o 2014, aínda que conta con testemuños documentais tanto da antiga Tenencia de Alcaldía como de copia de expedientes e documentos do concello de Vilanova de Arousa dende 1933.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) como informático nunha base de datos formada por 7.518 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 12:03
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/