[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Arquivo Deputación Provincial » Fondos e coleccións » Fondo Deputación
Páxina Principal
Arquivo Deputación Provincial
Ficha técnica
Local
Fondos e coleccións
Arquivo Deputación. (Institución)
Fondo Deputación
Fondo. Norma ISAD(G)
Cadro de clasificación
Inventario
Outros fondos
Fondos públicos
Fondos privados
Reprografía de complemento
Dixitalización documental
Patrimonio Documental Provincial

Páxina 1 2 3 [4]
PATRIMONIO DOCUMENTAL 

Deputación Provincial de Pontevedra




 


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.1
1.2. Título Deputación Provincial de Pontevedra
1.3. Datas 1750 - 2012
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 123.685 agrupacións documentais. 34.092 unidades de instalación en soporte papel na súa práctica totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Deputación Provincial de Pontevedra
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

En Galicia, a primeira Deputación constitúese o 19 de marzo de 1813, presidida polo marqués de Campo Sagrado, contando cun vicepresidente e sete vocais representando as sete cidades capitais das antigas provincias.

O nacemento da provincia como entidade local con vida propia data da Constitución de Cádiz, aprobada no ano 1812, que estableceu por vez primeira no seu artigo 325 unhas institucións, as deputacións provinciais, concibidas como órgano rector de cada unha delas, presididas polo xefe superior e con funcións básicas de control e vixilancia da administración dos lugares que integran aquela.

Haberá que esperar ata o decreto das Cortes de 27 de xaneiro de 1822 para que se plasme unha nova división provincial que divide a Galicia nas catro provincias actuais, con pequenas variacións, asignándose a capitalidade da provincia actual á Vigo, onde se constituirá a Deputación Provincial o 24 de maio de 1822, chegando a funcionar algo máis dun ano, data na que volven ser suprimidas pola restitución do rei Fernando VII.

Co decreto de 30 de novembro de 1833, inspirado por Javier de Burgos, iníciase o proceso definitivo que culmina coa restitución das catro provincias galegas actuais e a constitución das Deputacións actuais, sendo o 12 de febreiro de 1836 cando se constitúe definitivamente a de Pontevedra, logo de certas disputas coa cidade de Vigo, reticente a perder a capitalidade.

Desde o ano 1836 ata hoxe, a Deputación vén desempeñando con total continuidade un amplo abano de funcións e actividades, que foron variando de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Inicialmente, a Constitución de Cádiz asígnalle as funcións de aprobar os repartimentos das contribucións dos pobos da provincia, velar polo axeitado investimento dos fondos públicos, coidar o establecemento dos concellos, propoñerlle arbitrios ó Goberno, promover a educación, a agricultura e a industria, formar o censo e a estatística provincial, coidar dos centros benéficos e dar conta das infraccións que xurdan na provincia.

A lexislación actual asígnalle as competencias propias de coordinar os servizos municipais entre si para garantir a súa prestación adecuada; a asistencia xurídica, económica e técnica ós concellos; a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, en xeral, o fomento dos intereses particulares da provincia.

Este cúmulo de xeneralidades que se vén mantendo en toda a lexislación local provocou unha serie de actuacións moi diversificadas, das que quedarán moitos testemuños documentais e que se reflicten no cadro de clasificación do fondo documental desta institución.

As modificacións alcanzaron tamén a propia organización da institución e a designación, competencias e denominación dos seus órganos de goberno e órganos administrativos.

O órgano unipersoal que dirixe a Deputación é inicialmente o xefe político, antecedente directo do gobernador civil, sendo o primeiro presidente desta institución D. Miguel del Pino. En 1863 establécese que a Corporación elixa entre os seus membros un presidente para cada sesión, pero logo o sexenio revolucionario volve á figura do gobernador civil- presidente de facto. Será a lei de 1870 a que estableza a figura do presidente para un período de sesións, sendo nomeado polo propio gobernador civil ou pola Corporación dependendo do momento. Con posterioridade, na maior parte das ocasións será o gobernador o que nomee directamente ó Presidente e non será ata o ano 1950 cando apareza a figura do presidente da Deputación como órgano diferenciado e independente do gobernador civil, que aínda así e todo permanecerá como presidente nato da institución ata 1978. No período democrático o presidente e un órgano electo, de forma indirecta, entre e polos deputados provinciais.

Nun principio o número de deputados que integraban o Pleno da Corporación era de sete, un por partido xudicial, variando sucesivamente tanto a fórmula de elección coma o número total destes, alcanzando na actualidade un total de 27 deputados, como representación proporcional ó número de habitantes dos 13 partidos xudiciais.

Esta estructura complétase con outros órganos colexiados estables, ademais das variables comisións informativas e especiais creadas en cada período.

2.3. Historia arquivística

O Arquivo, xunto cos demáis servizos da Deputación instálase provisionalmente nun local arrendado na rúa da Costa na cidade vella de Pontevedra para trasladarse posteriormente ós locais do desamortizadoconvento de San Francisco onde permaneceu hasta 1890, ano no que a Deputación e o arquivo trasládanse á súa nova sede, o actual Pazo Provincial.

Aínda que a Deputación sempre tivo persoal responsabilizado do seu arquivo, permitíuse que se iniciara unha disgregación dos seus fondos pasando parte da sección de Goberno Civil ó Arquivo Histórico Provincial do Estado e outra no Museo Provincial, aínda que o grosor do arquivo permanecerá no Pazo Provincial.

Podemos falar de arquivo como tal a partires de 1845, ano en que se produce a Real orden do 24 de outubro, pola que se crea o arquivo (que acollerá os documentos da Deputación Provincial, Xunta Provincial e Goberno Civil) e nomease para a súa custodia a un oficial.

É necesario agardar hasta o ano 1852 para obter o primeiro nomeamento de arquiveiro que recae en D. Pablo Chocano, decretado por Real orden de 21 de outubro de 1852, quen emitiría un informe denunciando as penosas condicións nas que se atopaba o arquivo, conseguindo levar adiante dúas reformas no mesmo ano. Foi cesado en 1854 e sucedeulle Lamberto Lucero, igualmente cesado ós dous meses por supresión da praza, hasta que por R.o. de 15 de febreiro de 1857 nomease a D. Juan Fernández Gil, que igualmente denunciaba a lamentable situación de amontonamento dos documentos do arquivo. En abril de 1862 é nomeado por D. Carlos Méndez Osorio quen cesou ós 14 días, pasando a reemplazalo D. Luciano Escarpazo, que aguantaría no cargo hasta marzo de 1864, volvendo a encargarse D.Carlos Méndez hasta agosto de 1865. Seguiulle D. Felipe Carlos Rivas, quen mantivo o seu posto hasta decembro de 1866, sustituíndolle inmediatamente D. Rogelio Lois, hasta o mes de outubro no que tomou posesión D. Joaquín Rivadulla, quen o menos mantivose hasta o ano 1875.

En 1882-1883 o arquivo e a Deputación estrearán novas dependencias no pazo provincial construido a tal efecto, trasladándose tanto a documentación propia da Deputación como a do Goberno Civil e instalándose o arquivo na pranta baixa do novo edificio.

Coñecemos a existencia do arquivero profesional Fernández Villamil, quen compartiu os seus traballos na Deputación co Arquivo Histórico Provincial do Estado, a Biblioteca Pública e a sua cátedra de instituto, hasta 1955. Con Villamil producíuse unha boa parte da dispersión documental e bibliográfica, depositándose fondos no Arquivo Histórico Provincial e a maior parte dos volúmes da biblioteca e boletíns na Biblioteca Pública.

Pero foi posteriormente cando a Deputación, sen ningún profesional o frente, por falla de espacio, según se alegou, decide depositar no Museo de Pontevedra unha boa parte da antigua documentación. En dito lugar sofre una expoliación de improntas e selados e a conseguinte desorganización dos seus atados, además de expurgarse indiscriminadamente, co que o volume documental dende finais do século XIX e hasta mediados do XX queda absolutamente mermado.

A partir de 1977 cúbrese a praza polo actual arquiveiro, Miguel A. Pereira Figueroa. A partires de aqui intentase recompoñer o arquivo. Refórzanse as instalacións do Pazo Provincial na pranta alta, recupérase a totalidade da documentación depositada no Museo e abrense novas instalacións, no Convento de Xesuitas xunto con algúns locais mais, manténdose os do Pazo Provincial. Impulsoúse o traballo de instrumentos descriptivos, amplióuse considerablemente o persoal, melloráronse as instalacións e ampliáronse os fondos con novos ingresos por depósito e compra.

No ano 2008 lévase a cabo a reforma integral do edificio da rúa Padre Amoedo, o que proporciona unhas instalacións modernas e amplas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se veñen prestando. Entre as premisas do proxecto destaca o resalte da edificación mediante unha fachada na que destaca a parte central, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, combinando cobre e pedra, que abre o edificio á cidade.

O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, da como resultado unha nova distribución interna con cinco plantas: dous sotos para depósito de fondos documentais cunha superficie de 1.100 m2, nos que se instala estantería compactada; unha planta baixa cun gran patio distribuidor central, despachos e zonas de servizos comúns, coma o salón de usos múltiples. Nas plantas superiores van as zonas de traballo e consulta das diferentes seccións do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico: arquivo, biblioteca e publicacións, cada un deles cos seus medios e instalacións inherentes

2.4. Forma de ingreso

Por transferencias anuais dende os diferentes servizos, centros e Organísmos da Deputación Provincial



3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A riqueza e a variedade da información acumulada e o amplo período referenciado así como unha certa continuidade deste, salvo lagoas dos anos do primeiro tercio do século XX, avalan a idoneidade desta documentación para multiplicidade de estudios e investigacións.

E así merecen destacarse, entre outros, na sección de Goberno, os documentos que reflicten a creación e modificación dos diferentes concellos que integran a provincia, por ser este un proceso no que sempre interveu a Deputación; así como os libros de actas dos órganos colexiados, que recollen unha riquísima información e que se conservan integramente, mantendo a secuencia cronolóxica desde o período de sesións inicial (acta de constitución da Deputación de 12 de febreiro de 1836); as resolucións presidenciais, que son o resultado da capacidade normativa e resolutoria deste órgano unipersoal.

Por outra parte, o fondo inclúe algunha documentación anterior á creación da Deputación por considerarse antecedente directo e ter a continuidade oportuna na mesma serie en épocas posteriores, destacamos as seguintes series: · Expedientes de visitas as devesas reais e plantíos desde 1750 · Expedientes de beneficencia desde 1786 · Expedientes de Contaduría de propios e arbitrios desde 1759 a 1856, referida ó control económico dos coutos, xurisdiccións e concellos

3.2. Valoración, selección e eliminación

A documentación sofre o primeiro e único proceso selectivo nas propias oficinas que os producen, previamente ó envío ó arquivo, non realizándose nos últimos anos ningún proceso de expurgo selectivo relevante nin xeral, agás documentación de rendas (Recadación) e exaccións (ORAL). Considérase inicialmente documentación de conservación permanente

3.3. Novos ingresos

Os distintos servizos fan transferencias de documentación según un calendario establecido e de maneira periódica

3.4. Organización

O fondo organizouse seguindo un criterio de clasificación orgánico-funcional, co resultado do actual cadro de clasificación, artellado arredor de catro seccións, referidas sucesivamente a xestión dos órganos de goberno colexiados e unipersoais, o funcionamento administrativo, a xestión de servizos e, por último ó control e xestión orzamentario. Cada unha destas seccións subdivídese en subseccións e estas en series e subseries, atendendo á variedade da tipoloxía documental a as series existentes.



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso

O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

4.2. Condición de reprodución

Reprodución está limitada polas condicións de conservación e polo normal desenvolvemento do Servizo

4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos

Uso preferente do castelán na maior parte do fondo documental, con documentación recente en galego

4.4. Características físicas
e requisitos técnicos

A documentación atópase en xeral en bo estado de conservación, sendo o soporte maiormente en papel

4.5. Instrumentos de descrición

Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados, cunha base de datos formada por 318 rexistros. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cunha base de datos con 33.772 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cunha base de datos formada por 150.666 rexistros.



5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais

Pode atopase documentación orixinal. Desta Deputación, por diferentes causalidades no Museo de Pontevedra, no Goberno Civil, no Arquivo Histórico Provincial e no Servizo de Montes da Conselleria de Agricultura.

5.2. Existencia e localización de copias

A tramitación administrativa produce o envío dos documentos as diferentes administracións, local autonómica e estatal

5.3. Unidades de descrición relacionadas

Nos concellos da provincia existen documentos que reflexan a actividade de cooperación da Deputación con cada ún deles, especialmente as series relativas a planeamento, obras e urbanísmo, acción social e recadación de taxas e contribucións

5.4. Nota de publicacións

- Los archivos de Galicia: estado de la cuestión. / López Gómez, Pedro.- X Congreso de Estudios Vascos. Iruñea, San Sebastián, 1987. ISBN 84-86240-59-X

- Notas para una reorganización del Archivo de la Diputación Provincial de Pontevedra. En Boletín de Anabad XXVII (1977). / López Gómez, Pedro nº 4 oct.-dic., páx.43-53.

- A Deputación de Pontevedra: 1836-1996. / Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa.ISBN 84-505-3674-X

- Datos documentais de “Monte del Común” en el Archivo de esta Deputación. / Pereira Figueroa, Miguel. Pontevedra: Deputación Provincial, 1979.

- “Han pasado 144 años”. / Pereira Figueroa, MigueL.- Pontevedra: Publicación semestral año 1981. 2º semestre”.Nº 1-2, páx. 99-116. Pontevedra: Diputación Provincial, 1981



6. Área de notas
6.1. Notas

No propio fondo da Deputación inclúese algunha documentación anterior á súa creación por considerarse antecedente directo e ter a continuidade oportuna na mesma serie en épocas posteriores. Este é o caso da Contaduría de propios e arbitrios, que conserva documentación desde 1760 ata 1852, referida ó control económico dos coutos, xurisdiccións e concellos, función asumida pola Deputación Provincial e coa continuidade na serie de orzamentos especiais. Así mesmo, as subseccións de beneficencia dende 1786, ou forestal cos expedientes de reais devesas e plantíos dende 1750



7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa

7.2. Regras ou normas

General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)

7.3. Data da descripción

Xullo de 2013

Páxina 1 2 3 [4]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/01/2016 13:05
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/