[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 21 DE OUTUBRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Páxina Principal
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

Páxina [1] 2
ACCIÓN SOCIAL 

Deputación de Pontevedra

PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR

Bases | Nota prezos | Formulario de solicitude

Bases
Ampliado prazo de solicitudes ata 15/11/12

Dende o Servizo de Acción Social da Deputación Provincial de Pontevedra, ponse en marcha o Programa de Saude e Benestar, a través do cal, ofertase a este colectivo a posibilidade de disfrutar dunha estancia permanente durante uns días, nos balnearios ou hoteles con Spa da provincia, podendo recibir unha atención especializada, en tratamientos termales, de salud, benestar, descanso e actividades de ocio.

PRIMEIRA. Obxecto
O Programa de Saude e Benestar ten un doble obxectivo: Por un lado, proporcionar as persoas que vivan na nosa provincia, con idades a partir de 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, a posibilidade de pasar uns días nos establecementos hoteleiros da provincia ofertados, a precios reducidos, contribuindo a mellorar a sua calidade de vida. Por outro lado xenera unha inversión social importante, fomentando a creación e consolidación dos postos de traballo no sector hoteleiro da nosa comunidade..

SEGUNDA. Características do Programa e servizos ofertados
O desenrrolo do Programa terá lugar aproximadamente nos meses de Septembro, Outubro, Novembro e Decembro .

Consiste en pasar seis días con cinco noites, nun hotel con Spa, balneario ou otro tipo de instalacións, da Provincia de Pontevedra, en réximen de pensión completa con bebidas incluidas.

As entradas no hotel realizaránse os domingos a primeira hora da tarde e as saidas serán os venres pola mañá ou despois do xantar.( As habitacions terán que quedar libres antes das 12 horas).

O paquete inclue ademáis da estancia e a pensión completa, a utilización do Spa, balneario ou outras instalacións de características similares

No caso de non formarse grupo nun Concello (mínimo 10 persoas) o punto de saida sería o concello máis próximo que forme grupo.

TERCEIRA. Orzamento e finanzamento
A contía consignada para este Programa ascende no ano 2012 a 100.000 €, con cargo á partida 12/230.230.227.07, do orzamento ordinario da Deputación, sen perxuizo de que o mencionado crédito sexa ampliado.

O Programa será cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e os usuarios/as participante. A Deputación contratará una empresa especializada para a execución do Programa.

A Deputación, partindo dun prezo máximo de licitación de 306,80 €/persoa (IVE incluido), realizará unha aportación de 30€/ praza, e o usuario/a aboará unha contía que vai depender do prezo ofertado pola empresa adxudicataria.

CUARTA. Destinatarios e requisitos dos mesmos
Poderán acceder ao Programa todas as persoas que vivan na Provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do Programa, así como estar en condicións de total autonomía y que reúnan os requisitos que a continuación se relacionan:

  1. Persoas de 50 ou máis anos
  2. Pensionistas
  3. Persoas que mediante un informe do/a traballador/a social se constate que precisan de respiro familiar.

Nota: ( Estos requisitos son para ambos conyuges, no caso de que sexan parella)

QUINTA. Prazo e inscripción dos/das participantes. Documentación a presentar
Unha vez rematada a contratación da empresa adxudicataria abrirase ó prazo de inscripción por período de 20 días hábiles, a partir da publicación das bases no B.O.P. Tanto o prazo de inscripción como os prezos de cada establecemento hoteleiro exporase ó publico na páxina web da Deputación, e darase a coñecer a través dos medios de comunicación.

Todas as persoas interesadas en participar no programa “Saúde e Benestar”, deberán achegar:

  1. Impreso de solicitude, debidamente cuberto (recolllerase o modelo oficial no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ou na súa delegación de Vigo, ou ben se poderá baixar da páxina web da Deputación).
  2. Fotocopia do D.N.I.
  3. Fotocopia do certificado da pensión ou do informe social, se é o caso.

SEXTA. Lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes dos/das participantes deberán presentarse no rexistro xeral de esta Deputación, no rexistro da delegación da Deputación en Vigo (de luns a venres), por correo ou por calquera outro procedemento sinalado no artículo 38 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

SÉTIMA Procedemento de concesión
A concesión destas subvencións rexerase polo procedemento de concorrencia competitiva.

A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do programa “Saúde e Benestar”, no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 3.333 prazas, que lle serán outorgadas atendendo os seguintes criterios:

  • orden de entrada por rexistro ás persoas que reúnan os requisitos e envíen toda a documentación debidamente cuberta, dándose prioridade as persoas que non participaron nunca no Programa.

As baixas dos usuarios/as deberán estar debidamente xustificadas, e só nese caso se xestionará coa empresa adxudicataria da asistencia técnica a devolución correspondente.

OITAVA. Órganos competentes para a instrucción e resolución do procedemento
A instrucción do procedemento corresponde ao Servizo de Acción Social e resolución do mesmo á Xunta de Goberno.

NOVENA. Publicidade
En toda a publicidade que se elabore farase constar a organización e colaboración da Deputación, coa inclusión de súa imaxe institucional de conformidade con artigo 31 do regulamento da Lei xeral de subvencións.

DÉCIMA. Xustificación e pagamento da subvención
Para proceder ao pagamento, a empresa adxudicataria presentará xunto coas facturas os listados das personas participantes no programa, por quendas e hospedaxes, no prazo máximo dun mes a partir da última saída. O pago realizarase directamente no número de conta da empresa adxudicataria.

No caso do usuario/a farase directamente na conta da empresa adxudicataria, unha vez esta confirme a praza de admisión no programa, indicando o día, a hora e o lugar de saída do autocar, o hotel onde se vai hospedar, así como o prazo e o número de conta para efectuar o pago.

DECIMOPRIMEIRA. Prazo de vixencia
Estas Bases terán unha vixencia correspondente ao exercicio 2012.

DECIMOSEGUNDA. Lexislación aplicable

  • Lei 38/2.003 de 17 de novembro xeral de subvencións.
  • Real decreto 887/2.006 de 21 de xullo, aprobando no regulamento da Lei xeral de subvencións.
  • Lei 4/1.993 de 14 de abril de servizos sociais de Galicia.
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local.
  • R.d. lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de Facenda Local.
  • Lei 30 /1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • Bases de execución do vixente orzamento provincial
  • E demais lexislación aplicable.



Boletín Oficial da Provincia, data 16/07/12, número 136, páxina 9, anuncio 2012006827.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/09/2012 14:49
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/