Ordenanza fiscal da recarga provincial sobre o Imposto de Actividades Económicas
ARTIGO 1
A Deputación Provincial de Pontevedra, no uso da potestade que lle concede o artigo 124 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, establece unha recarga do 30 por cento, sobre as cotas municipais modificadas polo coeficiente de ponderación, previsto no artigo 87 da mesma norma.
ARTIGO 2
A xestión da recarga, xunto coa do imposto sobre o que recae, levaraa a cabo a entidade que teña atribuída a súa xestión.
ARTIGO 3
Cando a xestión a realice unha entidade distinta á Deputación, esta deberá entregarlle á Deputación o recadado, en período voluntario de cobranza da matrícula ou padrón, no prazo de 45 días naturais a contar desde o último do dito período de cobranza. Así mesmo, o recadado en período executivo e mais por altas novas, actas de inspección... entregaráselle á Deputación mensualmente pero o correspondente ó mes anterior.
A entidade xestora estará obrigada a presentarlle á Deputación:
- Copia certificada do padrón e da relación de altas
- Certificación do recadado no período voluntario e executivo
- Calquera información que poida ser requirida en relación coa xestión da recarga provincial
ARTIGO 4
O feito de non ingresar a recadación nos prazos indicados autorizará á Deputación a esixir o interese de demora previsto no art. 58-2, c) da Lei xeral tributaria e, en todo caso, a reter calquera cantidade que a Deputación lle deba facer efectiva por calquera motivo, á entidade xestora, podendo practicar as compensacións correspondentes, directamente ou ben solicitala da Dirección Xeral de Coordinación coas facendas territoriais, segundo o Regulamento de recadación, con cargo ás estimacións indirectas das cantidades liquidadas e recadadas en base á contía dos padróns e ás altas do propio exercicio ou exercicios anteriores, estimando a recadación nun 90% do liquidado.
DISPOSICIÓN FINAL
O acordo de aprobación inicial destas modificacións adquiriu carácter definitivo o día 17 de outubro de 2003. Estas modificacións entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
|