[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 17 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Hemeroteca » Servizo de acceso ao documento
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Servizo de acceso ao documento
Publicacións periódicas
Catálogo en liña
Listaxe completa
Publicacións oficiais
Cartoteca
Audiovisuais

Páxina 1 [2] 3 4
HEMEROTECA 

Servizo de acceso ao documento

O obxectivo deste servizo e que as bibliotecas e os centros de documentación externos á Deputación de Pontevedra poidan realizar peticións dos documentos da nosa hemeroteca. Na actualidade, o catálogo recolle o baleirado dos sumarios de máis de cincocentas publicacións periódicas galegas (97.819 artigos).

Deste xeito os usuarios das diferentes bibliotecas públicas terán acceso, sen necesidade de desprazarse, ós artigos que conteñan as publicacións periódicas coas que conta a hemeroteca desta Deputación.

As solicitudes deberán achegarse por correo electrónico: biblioteca@depo.es.

O persoal do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico enviará os artigos solicitados nun prazo máximo de cinco días, tendo prioridade as solicitudes que envíen as bibliotecas da provincia de Pontevedra.

Normas xerais

-Antes de facer calquera solicitude, comprobe o noso apartado Catálogo en liña para asegurarse de que efectivamente contamos no fondo co artigo que se está a solicitar.

-Inclúa na súa solicitude a maior cantidade de datos posibles sobre ese artigo e os datos principais da Biblioteca que o solicita.

-En función da extensión deste artigo, a hemeroteca determinará se o envío se fai por correo electrónico ou postal.

Propiedade intelectual

Os artigos de publicacións periódicas que se soliciten á Hemeroteca da Deputación de Pontevedra, deberán ter a finalidade de uso persoal de consulta e investigación de quen os solicita.

Non poderán ser explotados comercialmente, directa ou indirectamente, nin reproducidos en ningún medio ou soporte, nin cedidos a terceiros para a súa reprodución. Para solicitar calquera destes usos, deberá contactar coa empresa, a institución, a persoa ou a entidade propietaria dos dereitos de propiedade intelectual, que puntualmente valorará cada cesión, e formalizará unha autorización expresa.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/10/2016 10:48
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/