[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Webs temáticas » O Castelo de Soutomaior
Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8
O CASTELO DE SOUTOMAIOR 







[Prema (click) para ampliar a imaxe]

LOCALIZACIÓN

O castelo de Soutomaior está situado no centro xeográfico do concello do mesmo nome, na provincia de Pontevedra, case a igual distancia de Vigo que da capital, seguindo a estrada nacional de Pontevedra-Vigo e, ó chegar a Arcade, un desvío leva ó castelo .

O val no que se localiza é fértil en productos agrícolas, millo, centeo, patacas, viños e froitas, o que nos leva a pensar que o emprazamento do castelo tiña como obxectivo controlar a producción agrícola e gandeira, máis que defenderse en caso de guerra. Rodeado de bosques, a súa posición estratéxica permitía vixiar as comunicacións de norte a sur da provincia.

[Prema (click) para ampliar a imaxe]

Desde o alto domina polo norte o río Verdugo, polo sur un pequeno sistema montañoso, polo leste e noroeste os afluentes do Verdugo, o río Oitavén e o Pequeno, no oeste ó fondo ábrese á ría de Vigo coa enseada de San Simón, onde desemboca o río Verdugo.



Fotografía: Anxo Rial / ArteXphoto

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/05/2011 22:17
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/