O 15 de maio de 1987, tras a súa adquisición e posterior restauración, a Deputación de Pontevedra inaugura o castelo de Soutomaior, unha das fortificacións máis notables de Galicia, convertido nun conxunto dotado dun importante equipamento sociocultural con proxección non só ó ámbito local e rexional senón ademais ó metropolitano e provincial. O seu carácter histórico non impide a súa adaptación ó decorrer dos anos, cubrindo as necesidades actuais. A Deputación pretende dalo a coñecer como edificio emblemático da historia a través das exposicións que nel se organizan e a través do seu parque e xardíns, coñecidos pola súa gran variedade botánica.
Horario
- Inverno :
- De 10:00 h. a 14:00 h.
- De 16:00 h. a 19:00 h.
- Verán:
- De 10:00 h. a 14:00 h.
- De 16:00 h. a 21:00 h.
- Todos os luns do ano está pechado
Fotografía: Anxo Rial / ArteXphoto
|