[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 20 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » ..... » Servizos » Outros arquivos de organismos públicos » Irmandades de Labradores » Rodeiro » Documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Irmandades de Labradores
Rodeiro
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Local
Documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9
RODEIRO 

A documentación

A documentación da Irmandade Sindical de Agricultores e Gandeiros de Rodeiro estaba amontoada nas estanterías metálicas dunha sala da casa sindical onde, parece ser, foi trasladada tras a supresión da Cámara Agraria dende outras salas do edificio. Neste proceso perdeuse parte do conxunto que non se depositou nese lugar co resto, como consecuencia da limpeza efectuada anteriormente a diversas obras de reforma no edificio.

As condicións de conservación nas que se atopaba a documentación eran cando menos deficientes posto que a sala estaba aberta ó público, que accedía ás diversas actividades realizadas no lugar e nas estanterías había suciedade e roedores.

Tras concluir os traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados púidose inventariar un total de 74 unidades de instalación que abranguen o período cronolóxico dende 1945 ata 1994; hai representación documental case da totalidade dos anos de funcionamento das irmandades sindicais primeiro e das cámaras agrarias despois. A pesar deste amplío espacio temporal, a meirande parte do conxunto documental correspondería ó período comprendido entre os anos 60 e 1977, data en que funcionaba como irmandade sindical e, con menor relevancia dende ese ano ata 1983-1984, xa en concepto de cámara agraria. A documentación dos anos 40 e 50 é moi minoritaria, quizais por perderse unha parte e ó mesmo tempo dende 1983-1984 é tamén pouco transcendente posto que dende estes anos deica a súa desaparición a Cámara Agraria de Rodeiro funcionou como unha delegación da de Lalín, co que unha parte importante do conxunto documental de Camba se debeu perder ó estar depositado co do concello de Deza.

Como consecuencia da actividade sindical agraria a maior parte da documentación conservada forma parte de tres series concretas que ocupan un 65% das unidades de instalación:

En primeiro lugar, comezando pola serie 2.1 e dentro da sección Administración, dispoñemos tanto de correspondencia coma de oficios e circulares, especialmente en relación a diversos organismos agrarios (C.O.S.A., Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria) e referidos a un amplo período cronolóxico, conservándose ademais un bo conxunto de certificacións (afiliacións á S.S.A., contribución rústica, quintas), instancias e partes estatísticos de actividades solicitados pola superioridade.

En segundo lugar, e dentro da sección de Servicios, comparte preponderancia cuantitativa a serie 3.1 correspondente á documentación xerada pola Corresponsalía Local da Mutualidade Agraria, a cal supón o groso do conxunto documental posto que a tramitación dos asuntos referidos á Seguridade Social Agraria era o servicio máis importante ofrecido polas irmandades ós agricultores.

Dentro desta serie merece especial mención a documentación conservada de altas e baixas no Censo Laboral Agrícola pertencente a un período cronolóxico amplo así como documentación de cotizacións (1966-1983) e as nóminas de cobro do subsidio familiar do período 1957-1984; é de destacar a práctica ausencia de testemuños documentais anteriores á década dos 60.

En terceiro lugar, dentro da serie 3.2 correspondente a censos agropecuarios son moi importantes os censos agrarios realizados periodicamente así como as estatísticas de cultivos e maquinaria.

A sección 1 de Goberno contén información de diversos aspectos, entre a que destaca a proporcionada polos libros de Actas do Cabido (1953-1972) e actas de diversas xuntas e comisións da Irmandade como a Comisión Local da Mutualidade Nacional da Previsión Social Agraria.

Na sección 2 de Administración, ademais do mencionado, consérvanse algúns expedientes de patrimonio, contratación e persoal, así como un libro de rexistro de entrada de documentos (1956-1974) sendo bastante dispersos e fragmentarios.

No resto da sección 3 de Servicios obsérvase a presencia de mostras de documentación de diversos servicios e funcións realizadas pola Irmandade Sindical-Cámara Agraria de Rodeiro que dan idea da súa actividade no momento: é especialmente completa a documentación referida a eleccións (1957-1975) e Tribunal Xurado-Servicios Xurídicos (1959-1977) e tamén testemuños de fundación de cooperativas e grupos de colonización no municipio.

En canto á sección 4 de Facenda hai que sinalar o seu carácter incompleto e fragmentario posto que só se conserva o orzamento dun exercicio; os padróns da derrama agrícola e servicios só abarcan un poucos anos. Unicamente é de relevancia a documentación de caixa e recadación, sesgada pero relativa a un período cronolóxico amplo mentres a referida ás contas correntes e facturas ten carácter residual.

En canto á organización documental, todas estas seccións atópanse correctamente dispostas e estructuradas para o seu uso e manexo cunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación, como son o cadro de clasificación do arquivo co seu correspondente inventario somero así como unha descrición máis pormenorizada a nivel expediente en moitas series consultables tanto no propio concello coma na Deputación Provincial de Pontevedra en soporte papel (fichas) e informático en

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/03/2004 11:08
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/