[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » ..... » Servizos » Outros arquivos de organismos públicos » Irmandades de Labradores » Dozón » Documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Irmandades de Labradores
Dozón
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Local
Documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9
DOZÓN 

A documentación

A documentación da Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Dozón foi trasladada á casa do concello dende un departamento da planta superior do edificio sindical onde estaba amontoada no chan nunhas pésimas condicións de conservación; ademais accedían a esta persoas alleas ó valor histórico e cultural, o que puido provocar a perda de parte do conxunto documental antes do momento da mudanza.

Tras concluír dos traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados púidose inventariar un total de 21 unidades de instalación, que abranguen un período cronolóxico amplo, acorde coa traxectoria funcional do organismo, que iría dende 1944 deica 1994. A pesar deste amplo espacio de tempo, a meirande parte do conxunto documental correspondería ó período comprendido entre principios dos anos 50 e o ano 1977 data en que as irmandades sindicais son relevadas polas novas cámaras agrarias, sendo moi minoritaria e pouco transcendente a partir desa data a nova cámara agraria volve funcionar como delegación da cámara agraria de Lalín.

A maior parte da documentación conservada pertence a dúas series concretas que ocupan practicamente o 75% das unidades de instalación:

En primeiro lugar, dentro da sección Administración destaca a serie 2.1, que engloba tanto a correspondencia e os oficios e circulares especialmente en relación a diversos organismos agrarios (COSA, Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria) coma as certificacións e comparecencias (necesarias para diversas cuestións do censo laboral agrícola) e os partes estatísticos de actividades solicitados pola superioridade.

En segundo lugar, dentro da sección de Servicios, comparte preponderancia cuantitativa a serie 3.1 correspondente á documentación xerada pola corresponsalía local da Mutualidade Agraria, a cal supón a meirande parte do conxunto documental posto que a tramitación dos asuntos referidos á Seguridade Social Agraria era o servicio máis importante ofrecido polas Irmandades ós agricultores ata o punto de que en Dozón é o único que ten un peso e presencia significativa e funcionamento regular.

Dentro desta serie merece especial mención a documentación conservada de altas e baixas no censo laboral agrícola pertencente a un período cronolóxico amplo incluíndo a máis antiga do conxunto, pertencente a 1944, así como as nóminas de cobro do subsidio familiar dende 1947, data de creación das cámaras oficiais sindicais agrarias. Pola contra tanto as nóminas de pago do subsidio de vellez e invalidez como o resto de documentación da serie está moi incompleta.

En canto á sección 1 de Goberno ten unha presencia case nula no conxunto, tan só se conservan copias soltas de actas de sesións plenarias tanto do cabido como de diversas xuntas e comisións e un expediente de constitución de xuntas parroquiais da irmandade téndose perdido pola contra series tan subliñables como os libros de actas do pleno, elementos documentais básicos para reconstruír a evolución do organismo agrario.

Esa ausencia é aplicable para o resto das seccións 2 e 3 non visto antes, un factor que pode indicar tanto a posibilidade de que se perdese esa documentación como a limitación das funcións realizadas na irmandade que non xerou no seu momento máis cantidade. Deste xeito, tan só é salientable a presencia dos censos agropecuarios solicitados pola superioridade ós organismos locais e que se estenden con relativa continuidade no tempo dende 1950 ata 1978.

Por último, a sección 4 de Facenda está razoablemente ben conservada posto que comprende o orzamento dende os anos 1952 ata 1974 así como os padróns da derrama agrícola (1954-1970), padrón de servicios (1968-1977) e documentación de recadación (1954-1974) ó pé doutra máis incompleta (contas bancarias, caixa).

Así pois, a pesar da simplicidade do aspecto funcional da delegación local agraria de Dozón e dos avatares e circunstancias da conservación do conxunto documental, este ofrece unha fonte de información moi útil para o estudio dunha parte substancial da realidade agraria do municipio na época franquista.

En canto á organización documental, todas estas seccións atópanse correctamente dispostas e estructuradas para o seu uso e manexo cunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación como son o cadro de clasificación do arquivo co seu correspondente inventario somero así como unha descrición máis pormenorizada a nivel expediente en moitas series consultables tanto no propio concello como na Deputación Provincial de Pontevedra en soporte papel (fichas) e informático en base de datos.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/03/2004 10:39
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/