[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 22 DE NOVEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Outros arquivos de organismos públicos » Instituto de Pontevedra » Local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Outros arquivos de organismos públicos
Instituto de Pontevedra
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Local
Documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico
Outros arquivos privados

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9
INSTITUTO DE PONTEVEDRA 

O local

O fondo documental do arquivo do “Instituto de Segunda Enseñanza” de Pontevedra consérvase, como xa dixemos, no edificio do Instituto “Sánchez Cantón”, nunha dependencia específica para este fin, situada no semisoto con acceso directo dende as oficinas.

Conta o local con 67 m2 de superficie, nunha sala case rectangular, cunha media de 6 m de ancho, algo máis de 11 m de longo e cunha altura de 3 metros. Dispón de iluminación e ventilación con aberturas á fachada do edificio, sendo ademais adecuadas as súas condicións de habitabilidade.

Para depósito da documentación e da bibliografía conservada nesta local instaláronse un total de 157 m lineais de estantería metálica, disposta segundo se reflicte no plano adxunto, suficiente para o volume actual e o que xere nun futuro esta institución educativa. Deste total quedaron ocupados pola documentación 107 metros lineais e polos fondos bibliográficos en depósito preto de 50 metros lineais.

Hai neste local, ademais, catro armarios de madeira e tres arquivadores metálicos que conservan as fichas dos alumnos co seu expediente académico e as cualificacións das décadas dos anos sesenta e setenta.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 05/04/2004 09:23
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/