No Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios establecemos como obxectivo prioritario mellorar continuamente a calidade dos servizos prestados ós nosos clientes e a adaptación aos novos cambios, prevíndose que o alcance se amplíe. Por iso, adaptamos o noso funcionamento ós requisitos que establece a norma de xestión de calidade UNE-EN ISO 9001:2008 e obtivemos o recoñecemento externo da ADECUADA XESTIÓN DA CALIDADE do noso servizo por parte dunha entidade de certificación de calidade (concretamente AENOR).
As directrices xerais que se establecen para a consecución destes obxectivos son as seguintes:
- Lograr a plena satisfacción dos nosos clientes (internos e externos), proporcionándolles servizos acordes cos requisitos, necesidades, expectativas e especificacións establecidas, incluíndo as normas e lexislación vixente.
- Establecemento dunha sistemática documentada para asegurar a calidade dos servizos.
- Implantación nos servizos implicados a mellora contínua como norma de conduta.
Na actualidade, o Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios encóntrase certificado para as seguintes actividades desenvolvidas no servizo: “Información e xestión de reclamacións; Información e asesoría empresarial; Organización de actividades de difusión e eventos; Convocatoria, tramitación e concesión de axudas e subvencións da Deputación Provincial de Pontevedra; Orientación laboral e intermediación laboral; Xestión do deseño e da impartición de formación continua nas áreas de desenvolvemento local e comercio; Xestión da impartición da formación ocupacional nas áreas de comercio e mercadotecnia, electricidade e electrónica, informática e comunicación, administración e xestión, servizos socioculturais á comunidade, artes gráficas, fabricación mecánica e madeira, mobles e cortiza. |