[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios » Proxectos europeos » Turismo: Nea II
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Promoción económica e do fomento do emprego
Plan formación para o emprego
SIL
Servizo de orientación laboral
Servizo de asesoramento a emprendedores
Oficina de atención ao inmigrante
Obradoiros de emprego
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Comercio
Área de Comercio
REDIC
OPIC
Proxectos europeos
Fomento emprego: Aquelando II
Medio Ambiente: Ecoredesaneasol
Turismo: Nea II
Proxectos finalizados
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Subvención Global
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio

Páxina 1 2 [3]
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Turismo
NEA II

O proxecto europeo NEA 2 contempla o desenvolvemento sostible e coordinado do conxunto do sector náutico nas rexións da costa atlántica (actividades, portos deportivos, industrias, comercios e servizos), reforzando a cooperación en tres aspectos temáticos: o desenvolvemento económico, a protección medioambiental e a cohesión social.

Para cada un destes temas o proxecto prevé realizar accións comúns transnacionais (xuntando varios socios) e accións locais que levaría a cabo cada socio no seu territorio.

Despois de que 23 socios europeos o executasen e aplicasen durante tres anos (xaneiro de 2009-decembro de 2011), o Programa de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico (INTERREG IVB) aprobou o NEA 2 e, como consecuencia, benefíciase dunha subvención FEDER (Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional).

NEA 2 é a continuación de Nautismo Espazo Atlántico (novembro de 2004-outubro de 2007), proxecto INTERREG III B, que reuniu 11 socios ó redor dun obxectivo común: o desenvolvemento coordinado do turismo náutico.

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Obxectivos:

  • Desenvolver a investigación e a innovación no sector náutico.
  • Establecer observatorios para coñecer mellor a realidade, a evolución e os impactos deste sector.
  • Desenvolver produtos náuticos nas augas interiores.
  • Dinamizar a economía das embarcacións tradicionais.
  • Desenvolver os produtos náuticos baseados no descubrimento do medio acuático, litoral e marítimo (paseos en embarcacións, excursións náuticas, navegación turística…).

Protección DO MEDIO AMBIENTE
Obxectivos:

  • Mellorar as calidades medioambientais das bases náuticas, dos portos deportivos e das industrias náuticas.
  • Ampliar as competencias das persoas que prestan servizos de actividades náuticas e usuarios do sector en canto á protección e valorización do medio ambiente marítimo.
  • Desenvolver e elaborar guías de boas prácticas medioambientais no sector náutico.
  • Comunicar e favorecer a organización de eventos para mellorar as calidades medioambientais do sector náutico.

COHESIÓN SOCIAL
Obxectivos:

  • Establecer programas de formación de pre-profesionalización destinados ás persoas con dificultades de integración no mercado laboral.
  • Desenvolver os equipamentos e a formación dos monitores e do persoal de acompañamento para favorecer a práctica da náutica das persoas con discapacidade.
  • Favorecer os intercambios de grupos escolares ou mozos ó redor dos deportes náuticos e das actividades de descubrimento dos medios marítimos e acuáticos.
  • Organizar eventos para popularizar os deportes náuticos e incentivar a súa práctica entre as persoas en risco de exclusión social ou con algunha discapacidade.

ACCIÓNS TRANSVERSAIS
Os socios do NEA 2 realizarán importantes accións transversais, coma a promoción de:

  • Os Xogos Náuticos Atlánticos: evento deportivo de alto nivel, escaparate do Espazo Atlántico e do proxecto NEA 2, que agrupa cada ano, nun diferente país, as rexións do Espazo Atlántico para promover o sector náutico, popularizar os deportes acuáticos e favorecer os intercambios de experiencias.
  • A conferencia 2011: lugar de intercambios que reunirá os socios do NEA 2 e os representantes europeos, nacionais e rexionais dos deportes de auga para promover o desenvolvemento sostible do sector náutico valorando os resultados do proxecto e propoñendo liñas de acción cara ó futuro.

Bases de subvencións en especie para a instalación en unha estructura náutica da provincia de Pontevedra de sistemas de melloras medioambientais e dotacións de melloras de accesibilidade para persoas con discapacidade no marco do proxecto Nea 2 cofinanciado polo programa transnacional espazo atlántico do F.E.D.E.R.

Páxina 1 2 [3]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/04/2011 12:06
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/