[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios » Comercio » Área de Comercio
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Promoción económica e do fomento do emprego
Plan formación para o emprego
SIL
Servizo de orientación laboral
Servizo de asesoramento a emprendedores
Oficina de atención ao inmigrante
Obradoiros de emprego
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Comercio
Área de Comercio
REDIC
OPIC
Proxectos europeos
Fomento emprego: Aquelando II
Medio Ambiente: Ecoredesaneasol
Turismo: Nea II
Proxectos finalizados
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Subvención Global
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio

Páxina [1] 2 3
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Área de Comercio

A Área de Comercio da Deputación de Pontevedra creouse no ano 2008, dentro do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, coa vontade de modernizar e darlle continuidade ó modelo de pequeno comercio característico dun sistema de proximidade. O traballo deste departamento ten como base o Plan director de comercio (2009-2012). Este documento redactouse conxuntamente con todos os representantes do sector, constitúe a folla de ruta da Área de Comercio e susténtase nas seguintes liñas de acción, que anualmente se materializan en diferentes actividades:

  • Apoiar a creación de centros comerciais abertos, consolidar os existentes e crear novos espazos nas cabeceiras de comarca. Apoiar o movemento asociativo comercial de base. Desenvolver plans de actuacións urbanísticos e de equipamento comercial de apoio ós centros comerciais abertos (CCA).
  • Formar e cualificar o sector comercial e, sobre todo, profesionalizar o movemento asociativo e dos xestores dos centros comerciais urbanos.
  • Colaborar cos concellos para crear equipos técnicos e servizos integrais de apoio ó sector comercial.
  • Valorar, rehabilitar e converter en peonís os centros urbanos.

Non cómpre esquecer que o modelo de negocio do pequeno comercio é un elemento estratéxico cunha incidencia directa na calidade de vida das persoas, na posta en valor do patrimonio arquitectónico e urbanístico das vilas, no seu desenvolvemento e que é un apoio fundamental para o sector turístico.

Por estes motivos a Deputación de Pontevedra quere tenderlle a man contribuíndo a potenciar os seus valores de proximidade, atención persoal, flexibilidade e capacidade de adaptación, mantendo unha canle de comunicación permanente co sector co fin de garantir que o pequeno comercio manteña o seu protagonismo na vida social e económica da nosa provincia porque….O COMERCIO FAI CIDADE E FAI PROVINCIA.

Bases do Plan a túa medida 2011

Convocatoria de 22 bolsas de colaboración para as asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/04/2011 11:13
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/