O SIL é un servizo adicional e optativo que está a disposición do alumnado dos cursos do Plan de formación para o emprego. Configúrase como unha ferramenta de axuda e apoio complementario á formación que recibe o alumnado para procurarlle a súa integración no mercado laboral.
O SIL pretende colaborar, dun xeito áxil, gratuíto e personalizado, coas actividades empresariais da provincia na preselección de candidatos que se axusten ó perfil profesional dos postos de emprego que se oferten. Este servizo detecta as necesidades formativas das empresas e impulsa as accións formativas para darlles resposta.
O SIL está formado por profesionais das distintas áreas funcionais da Deputación de Pontevedra. A súa finalidade é acadar a máxima interlocución entre a oferta e a demanda de traballo e lograr o maior nivel posible de inserción laboral dos alumnos do Plan de formación para o emprego.
|