[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 24 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

CULTURA  

Introducción

Un dos obxectivos prioritarios da Deputación de Pontevedra establece o fomento e a difusión da cultura en todas as súas manifestacións, posto que unha sociedade culta é sinónimo dun pobo vivo, dinámico e forte. Neste senso, a institución provincial conta co departamento de Cultura traballando intensamente nesta dirección.

Tendo como eixo trascendental para o departamento ese é a promoción da música, eido no que desenvolve diversas accións como a concesión de axudas a conservatorios e escolas de música, a organización do Certame Provincial de Bandas e o desenvolvemento dun ambicioso Plan Cultural que posibilita a divulgación da actividade de distintos grupos como bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, roldas, orquestras clásicas, agrupacións de teatro, de danza, de gaitas, de baile moderno, e outros.

Outro dos puntos claves das accións que desenvolve este servizo son as exposicións e concursos como o prestixioso Certame "Novos Valores", os premios de investigación, a Bienal de Arte, o premio Valle Inclán, os ciclos de exposicións no castelo de Soutomaior ou o coñecido internacionalmente Certame da Camelia.

Ademais, o departamento de Cultura e Deportes da Deputación de Pontevedra colabora con entidades sen ánimo de lucro, con fundacións, subvenciona congresos, feiras, xornadas de formación, exposicións e concede axudas para que os escolares da provincia poidan coñecer o Museo de pontevedra. Así mesmo, a Deputación mantén unha intensa relación co sector universitario da nosa provincia ó que apoia decisivamente dende hai anos a través de importantes achegas para organización, por exemplo, dos cursos de verán da UNED ou da UIMP e que no seu momento se traduciu na defensa da universidade de Belas Artes de Pontevedra, así como a titulación de Deseño e Moda, que xa podemos dicir é unha realidade.

A actividade do departamento de Cultura non se limita á promoción da música ou da vida intelectual da provincia, senón que vai máis aló e traballa na recuperación do valioso patrimonio histórico-artístico e centros socio-culturais da provincia de Pontevedra.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/06/2010 15:47
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/