[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cidade Infantil Príncipe Felipe » Notas de identidade
Páxina Principal
Servizos
Cidade Infantil
Príncipe Felipe
Historia
Notas de identidade
Requisitos de acollemento residencial
Instalacións
Centro de Primeira Acollida
Centro infantil (maternais)
Centro Agarimo
Centro infanto-xuvenil
'Escola-Fogar'
Residencia Xuvenil
Centro de día
Escola infantil
Obxectivos e fins
Actividades
Campamento da Lanzada
Historia
Localización
Instalacións
Solicitudes
Taxas
Taxas

CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE 

Notas de identidade

A institución, como entidade pública, é independente de todo grupo político, económico ou relixioso. A intención é crear fogares para vivir de maneira temporal. Os nosos sinais de identidade son:

  • Lingua: o uso da propia lingua é un dereito recoñecido para todos os membros da comunidade educativa.
     
  • Pluralismo e valores democráticos: desde a institución non se lle imporá ó menor ningunha concepción política, respectando a liberdade de cada un deles.
     
  • Convivencia: é fundamental que o alumno aprenda a vivir cos demais compañeiros e compañeiras sen ningún tipo de discriminación. A educación ética, cívica e moral está baseada nos dereitos humanos.
     
  • Democracia: respecto polos demais e por un mesmo, sentido da liberdade, ligado ó da responsabilidade, solidariedade, gusto polo traballo ben feito etc.
     
  • Opción confesional: afírmase como non confesional, respectando todas as posturas, tanto agnósticas coma de diversidade de prácticas.
     
  • Valores éticos: compromiso para fomentar os valores como a dignidade da persoa, os dereitos humanos, a igualdade entre os homes, a liberdade.
    • Creando ambientes normalizados dos que, ademais de nutrirse física e emocionalmente, deriven as necesarias aprendizaxes para a convivencia.
    • Establecendo hábitos: alimentación, hixiene persoal etc.
    • Integración dos rapaces e rapazas no ámbito escolar con outros procedentes de ambientes normalizados.
       
  • Coeducación: orientación da actividade diaria cara a unha educación baseada na igualdade, sen discriminación por razón de sexo e que faga caso omiso de mitos e tabús, inclinándose por criterios de agrupamento, convivencia, orientación ou realización de tarefas.
     
  • Liña metodolóxica: atención individualizada, buscando sempre a alternativa adecuada ás aptitudes e actitudes de cada rapaz, acadando puntos de encontro entre a individualización e a socialización.
     

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/03/2004 10:51
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/