[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 22 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Medio Natural » Instalacións » Finca Castelo de Soutomaior
Páxina Principal
Servizos
Medio Natural
Pesca e Cultivos Mariños
Subvencións
Convenios
Medio Ambiente
Axudas
Residuos
Educación ambiental
Agricultura
Agricultura
Convenios
Prestación servizos
Axudas
Sector Forestal
Instalacións deportivas
Agricultura Biolóxica
Instalacións
Finca Castelo de Soutomaior

MEDIO NATURAL 

Predio do Castelo de Soutomaior

O castelo de Soutomaior está situado na aba do monte Viso, o que fai que a súa baixa altitude e proximidade ó mar propicien un clima suave e húmido, que permite unhas terras con boa producción, antano campos de cultivo e na actualidade cunha importante diversidade botánica.

O castelo de Soutomaior xunto coa súa finca, forman un só conxunto de unhas 30 ha aproximadamente, das que unhas vinte constitúen unha masa forestal dunha gran diversidade vexetal, onde abundan especies arbóreas como os carballos, castiñeiros, sobreiras, abeleiras, etc. Xunto a este importante caudal forestal convive una explotación vitivinícola de 4 ha, onde a variedade raíña é a do afamado albariño. Onde tamén se poden atopar outras variedades autóctonas, como el godello, a treixadura, o loureiro.

No contorno da construción medieval defensiva atopámonos un elegante xardín, no que destaca o parterre francés harmonizado con elementos construtivos pretéritos a modo de fontes, estanques, muíño e capela, todo isto aderezado de grandes árbores centenarios e plantas ornamentais.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 05/07/2010 12:22
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/