A Estación Fitopatolóxica Areeiro, creada a finais de 1980, como unha liña do Servicio Agrario, xorde do intento de cubrir o baleiro existente no sector agrario en materia de fitopatoloxía, co fin de lles buscar unha solución ós problemas fitosanitarios procedentes dos nosos cultivos e que de non seren controlados, o propio cultivo pode incluso chegar a desaparecer. Cos traballos que se levan a cabo, o que se pretende é asesorar o agricultor, asemade que os seus técnicos están en permanente relación co sector e con outros centros de investigación.
LIÑAS DE TRABALLO
- Fructicultura :
no estudio sobre introducción de novas especies, recuperación de variedades autóctonas e estudios agronómicos. Desde 1985 nesta sección estudiáse o comportamento agronómico de especies de nova introducción ou os problemas de cultivo.
- Fitopatoloxía :
diagnóstico e investigación en fitopatoloxía, análises fitopatolóxicos, tanto no ámbito agrícola coma forestal.
- Edafoloxía :
análises de solos. Proxectos de investigación aplicada á agricultura, en concreto o estudio da nutrición mineral dos cultivos ou a dinámica nutricional dos sistemas de explotación máis representativas da provincia de Pontevedra.
- Loita Biolóxica :
cría de parasitos e depredadores para o control de pragas agrícolas e forestais. Dentro desta sección hai un campo dedicado á optimización da protección dos cultivos agrícolas e forestais.
Areeiro 25 anos. Exposicións novembro 2007 |