[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social » Áreas de traballo » Xuventude, infancia e familia
Páxina Principal
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

ACCIÓN SOCIAL 

Área de xuventude, infancia e familia

A protección da familia, especialmente a dos nenos e nenas, é un dos obxectivos da Deputación de Pontevedra, que leva a cabo as actuacións precisas para a consecución dos seus dereitos, tendo en conta que o benestar do neno e da nena está intimamente ligado ó da familia.

Debemos ter en conta que do futuro dos nosos nenos e adolescentes son primordialmente responsables os pais e nais pero tamén o conxunto da sociedade e, de maneira moi especial, os poderes públicos.

Por iso dende a Deputación traballamos cos escolares e a xuventude para lles inculcar os valores de solidariedade, convivencia, compañeirismo, igualdade, etc.

Por outra banda, fomentamos os recursos, axudas e servizos para unha conciliación efectiva da vida familiar e laboral, de modo que os espazos e os tempos da familia non queden relegados a un segundo plano.

Créase a Gardería Infantil que a Deputación de Pontevedra habilitou na Cidade Infantil Príncipe Felipe, con capacidade para 115 nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Tamén se destaca das instalacións da Cidade Infantil os preto de 300 beneficiarios/as directos (menores de 18 anos) que se reparten entre o internado e o Centro de Día, o que supón unha importante prestación social para moitas familias con dificultades especiais.


INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/12/2012 10:02
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/