[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Ordenanzas 2008
Ordenanzas 2011
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto

Páxina 1 2 [3]
ORDENANZAS 2011 

Artigo 8. Alegacións, probas e informes.

    Os escritos de alegacións e solicitude de probas deberán presentarse no ORAL e serán dixitalizados e incorporados aos expedientes pola USTO. No caso de ser recibidos no Concello, este deberá remitilas ao ORAL coa máxima urxencia.
    Naqueles casos nos que se considere necesario entrar a valorar sobre o fondo das alegacións ou recursos mediante a práctica de probas ou solicitude de informes, a USTO enviaralle ó instrutor do Concello o expediente, correspondéndolle a este acordar a realización das probas que estime pertinentes para a indagación e cualificación dos feitos e para a determinación das posibles responsabilidades, así como a solicitude de informe sobre a denuncia ós Axentes Municipais. A USTO prestará ó Concello a colaboración que precise para a correcta instrución dos expedientes.

Artigo 9. Propostas de resolución.

    O instrutor será o encargado de elaborar as propostas de resolución nos casos nos que teña que entrar a valorar o fondo das alegación e recursos mediante práctica de probas e solicitude de informes. No resto dos supostos, as propostas serán elaboradas materialmente pola USTO e elevadas ó instrutor do expediente para a súa revisión e posterior sinatura. Unicamente serán notificadas ó interesado nos casos establecidos pola Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, correspondéndolle tal facultade ó ORAL. Nestes casos abrirase un segundo período para a interposición de novas alegacións.

Artigo 10. Resolucións de sancións.

    As resolucións serán competencia da Alcaldía ou Concellería na que a teña delegada. A aplicación informática facilitará o acceso o expediente completo, vinculando os documentos dixitalizados cos trámites e actuacións que se reflicten nela. Tamén posibilitará a utilización de sinaturas dixitais nas resolucións.
    A notificación da resolución corresponderalle á USTO. Co obxecto de evitar demoras no procedemento, establecerase un sistema para que a USTO coñeza de inmediato que se ditou resolución nun expediente; deste xeito poderá realizarse a notificación en canto o seu contido sexa confirmado na aplicación informática.

Artigo 11. Recurso de reposición.

    O escrito de interposición do recurso de reposición deberá presentarse no ORAL. Se o recibe o Concello, deberá trasladalo de inmediato a USTO para que se proceda a súa dixitalización e incorporación ó expediente.
    A proposta de resolución do recurso de reposición será elaborada polo instrutor do Concello ou pola USTO, en función de cada caso, da mesma forma que no establecido neste regulamento para as propostas de resolución.
    A resolución do recurso de reposición corresponderalle ó mesmo órgano municipal que ditou a resolución da sanción. A aplicación informática permitirá o mesmo acceso que o establecido para as resolucións de sancións.
    A notificación dos recursos de reposición será tarefa da USTO nas mesmas condicións que no establecido para as resolucións de sancións.

Artigo 12. Recurso contencioso-administrativo.

    A interposición do recurso contencioso-administrativo deberá ser comunicada á USTO de inmediato para a suspensión de actuacións se procede. Os escritos de comunicación da interposición destes recursos serán dixitalizados e incorporados ó expediente pola USTO. Tamén deberán comunicar os Concellos a este organismo a resolución dos citados recursos ós efectos do cumprimento do que ditas resolucións determinen.

Artigo 13. Traslado do expediente a outras Administracións.

    No suposto de que en calquera momento da instrución do expediente houbese que dar traslado do mesmo a outra Administración, por ter competencias en relación co mesmo, a USTO será a encargada de adoptar as medidas preventivas que procedan, de confeccionar e enviar unha copia compulsada e numerada do expediente físico, de manterse informada sobre o estado das actuacións que leve a cabo a Administración receptora do mesmo e de realizar a súa vez as actuacións que corresponden como consecuencia das resolucións que adopte a Administración receptora.

Artigo 14. Pago das multas.

    O pago, tanto bonificado como ordinario, das multas económicas que se deriven dos expedientes de sancións deberá realizarse exclusivamente polos medios e nos lugares designados ó efecto polo ORAL, que aparecerán indicados nos boletíns de denuncia e nas notificacións das denuncias e das sancións.
    Os Concellos deberán absterse de admitir pagos por estes conceptos. No caso de recibir algún, deberán comunicalo de inmediato a USTO, que lles dará as instrucións precisas para lograr que o pago poida aplicarse ó expediente que corresponda. Respecto dos pagos percibidos directamente polos Axentes Municipais no mesmo momento da notificación da denuncia, farase constar este feito na gravación do boletín e establecerase o pertinente sistema entre o Concello e o ORAL para á transferencia e posterior aplicación ó expediente destas cantidades.

Artigo 15. Exposición pública de edito.

    Os Concellos responsabilizaranse da exposición pública nos seus Taboleiros de Anuncios dos edito de citación para notificación por comparecencia e outros que se diten polo ORAL no exercicio das competencias delegadas. Será tarefa do ORAL, nos casos en que sexa necesario, a publicación nos Boletíns Oficias correspondentes dos actos do procedemento ó efecto de ter por cumprimentados os requisitos formais das notificacións.

Artigo 16. Anotación das sancións por infraccións graves e moi graves que impliquen a detracción de puntos.

    As anotacións correspondentes nos rexistros oficiais da Dirección Xeral de Tráfico da imposición de sancións por infraccións graves e moi graves que leven consigo a detracción de puntos serán responsabilidade da USTO, para o que o ORAL acordará coa Dirección Xeral de Tráfico o procedemento a seguir e os medios a utilizar.

SECCIÓN 3ª.—CONTRAPRESTACIÓN E ENTRADA EN VIGOR

Artigo 17. Taxas pola prestación do servizo.

    O ORAL percibirá como compensación económica polos gastos que haxa de atender, coa finalidade de levar a bo termo e eficazmente a prestación do servizo obxecto do presente convenio, as taxas que se establezan na Ordenanza Fiscal reguladora da taxa polos servizos que se prestan polo ORAL vixente en cada momento.

Artigo 18. Entrada en vigor.

    O presente regulamento entrará en vigor, unha vez aprobado definitivamente polo Pleno Provincial e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 abril.

Páxina 1 2 [3]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/07/2010 14:00
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/