[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 4 DE DECEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Ordenanzas 2008
Ordenanzas 2011
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto

Páxina 1 [2] 3
ORDENANZAS 2011 

Artigo 5. Obrigas de comunicación e colaboración dos Concellos.

  1. Os Concellos deberán comunicar ao ORAL, no prazo máximo de dez días, calquera modificación ou cambio do cadro de infraccións e sancións contido na correspondente Ordenanza municipal de tráfico. Co obxecto de normalizar e regularizar o sistema de infraccións e sancións, e evitar así que a mesma infracción sexa penalizada con sancións distintas segundo o Municipio no que se cometa, a USTO poderá elaborar no seu caso un cadro normalizado das mesmas, que deberá ser incorporado polos Concellos nas súas ordenanzas municipais sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.
  2. Os Concellos deberán comunicar ao ORAL a identificación daquela/s persoa/s que foron autorizada/s para rexistrar e consultar na aplicación informática de multas as denuncias de tráfico. Só as persoas autorizadas mediante clave persoal poderán acceder á aplicación informática de multas.
  3. Os Concellos deberán comunicar ó ORAL os cambios de identidade tanto do instrutor como do órgano competente para resolver, así como do Secretario do procedemento, cando proceda, conforme establecen os artigos 137.2 da Lei 30/92, LRJAP-PAC, 12 e 15 do R.D. 320/94, e 10 do R.D. 1398/93.
  4. Os Concellos deberán tramitar e cumprimentar, a maior brevidade, as peticións de datos ou aclaración do ORAL, así como as demais incidencias que se produzan no proceso da xestión recadatoria. En xeral, e salvo razóns debidamente xustificadas, os documentos elaborados polo ORAL, unha vez presentados no Concello, devolveranse cumpridos no prazo de cinco días dende a súa recepción e os informes que se soliciten despacharanse no prazo de 10 días. Non serán tramitados polo organismo aqueles documentos que non cumpran o prazo establecido.
  5. Os Concellos deberán colaborar no cumprimento das instrucións do Servizo de Informática do ORAL e da USTO ao obxecto de axilizar a tramitación do procedemento.

SECCIÓN 2ª.—COMETIDOS ESPECÍFICOS.

    Os cometidos específicos de cada administración Deputación e Concello, nas distintas fases do procedemento de imposición de sancións, serán os seguintes:

Artigo 6. Gravación de denuncias.

    Correspóndelle o persoal dos Concellos, preferiblemente ós Axentes Municipais, a gravación no aplicativo das denuncias efectuadas polos citados axentes, debendo cumprir as especificacións da USTO, ao obxecto de axilizar o proceso. No caso de que os Axentes denunciantes utilicen terminais de man para a incoación das denuncias, procederán á súa descarga na aplicación informática de multas, de acordo coas instrucións aprobadas pola USTO. A fin de evitar erros que poidan invalidar os procedementos, o Concello deberá gravar as denuncias rexistrando todos aqueles datos obrigatorios esixidos pola normativa vixente en cada momento pola que se regula o procedemento sancionador en materia de Tráfico. A USTO prestará en todo momento asistencia técnica os Concellos en tódalas dúbidas que poidan xurdir relativas á gravación dos boletíns de denuncia no aplicativo. A este efecto, o ORAL proporcionará ós Concellos un modelo de boletín de denuncia con todos os campos obrigatorios esixidos por lei que deberá ser adoptado por estes.
    Como norma xeral os boletíns de denuncia serán gravados no aplicativo o mesmo día da denuncia, sendo posible a súa gravación os dous días posteriores a mesma. O ORAL non tramitará como norma xeral, aquelas denuncias gravadas con posterioridade a esta data ou aquelas que non cumpran os requisitos legais citados.
    Os documentos orixinais das denuncias, así como as probas gráficas, documentais ou de calquera outro tipo que en cada caso procedan, serán enviados periodicamente polo Concello á USTO, en formato orixinal e dixital ou para a súa dixitalización e incorporación ó expediente.

Artigo 7. Notificación das denuncias.

    Como norma xeral, a notificación realizarase no acto polo Axente municipal. A información relativa a mesma será gravada polo persoal do concello xunto coa da propia denuncia.
    Nos casos en que concorran as circunstancias taxadas na Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria nas que non é posible a notificación no acto, corresponderalle á USTO practicar a notificación da denuncia. Nestes casos notificarase dita denuncia ó titular do vehículo co que se cometeu a infracción. Tamén será responsabilidade da USTO a notificación daquelas denuncias de circulación como consecuencia da identificación do condutor polo titular do vehículo, así como da notificación ó propio titular daquelas denuncias por non identificar o condutor ou por non resultar posible a notificación ó condutor que aquel identifique.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/07/2010 14:00
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/