[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 24 DE SETEMBRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » A Deputación » Ordenanzas » Ordenanzas 2011
Páxina Principal
A Deputación
Presidencia
Corporación
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Ordenanzas 2008
Ordenanzas 2011
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto

Páxina [1] 2 3
ORDENANZAS 2011 

Regulamento do servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico

SECCIÓN 1ª.—CONCEPTO E ALCANCE

Artigo 1. Concepto do servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico.

    O servizo na xestión das sancións de tráfico consiste na prestación , por parte da Deputación de Pontevedra a través do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais , da colaboración na tramitación dos expedientes e no exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria e ás Ordenanzas Municipais de Circulación impostas polos Concellos da Provincia de Pontevedra, que conviñeron a colaboración en dito servizo coa Deputación Provincial de Pontevedra e cuxa xestión encomendouse ó ORAL.

Artigo 2. Ámbito Normativo.

    As relacións entre os Concellos e o ORAL rexeranse polos Convenios formalizados conforme a este Regulamento e no non previsto por este aplicaranse as disposicións vixentes reguladoras do procedemento de sancións en materia de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, as que regulan o Procedemento para a Recadación dos Tributos e demais ingresos de dereito público, as Ordenanzas de Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria impostas polos Concellos e a Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola Prestación de Servizos do ORAL.

Artigo 3. Funcións a asumir polo ORAL

  • 3.1.—Funcións relativas a xestión do procedemento. En relación coas funcións que lle corresponde desenvolver ó ORAL sobre os actos materiais relativos ó procedemento de sancións, este asumirá a colaboración na instrución dos expedientes de sancións por denuncias cursadas polos Concellos no ámbito das súas competencias, por infracción da normativa sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. Tamén colaborará na instrución dos expedientes por interposición de recursos administrativos contra as resolucións de sancións . Se prestará colaboración e asistencia xurídica ós Concellos nos recursos contencioso-administrativos que se presenten contra os mesmos sobre esta materia.
    A responsabilidade da fase de instrución recaerá sobre os Concellos, que deberán ter nomeado ó efecto un instrutor do procedemento. Os Concellos asumirán a instrución material do procedemento naqueles casos nos que sexa necesario entrar a valorar sobre o fondo das alegacións e recursos que se presenten, solicitando a través do instrutor as probas e informes que estimen procedentes. A Unidade de Sancións de Tráfico do ORAL (en adiante USTO) tramitará o apoio e asistencia material no resto dos expedientes de sancións nos que as citadas alegación e recursos presentados non aporten proba suficiente para desvirtuar os feitos denunciados, ademais de colaborar no procedemento na forma que determine este regulamento.
    Os Concellos seguirán en todo caso sendo os competentes para a resolución dos expedientes de sancións e ditar no seu caso a resolución correspondente nos recursos contra os acordos sancionadores.
  • 3.2.—Funcións relativas á xestión recadatoria. En relación coas funcións que lle corresponde desenvolver ó ORAL sobre os actos relativos á xestión recadatoria, destacar as seguintes:
    1. A recadación das débedas tanto en período voluntario como executivo.
    2. Liquidación dos intereses de demora.
    3. Determinación da data, forma e lugar de pagamento. O ORAL poderá organizar a cobranza das Multas, podendo implantar calquera modalidade ou sistema de cobramento.
    4. Resolución e execución dos expedientes de devolución de ingresos indebidos.
    5. Prestar asistencia e información aos interesados nos expedientes de sancións sobre as materias anteriores.
    6. Calquera outra facultade prevista no Regulamento Xeral de Recadación dos Tributos e outra normativa aplicable.

Artigo 4. Obrigas de comunicación e colaboración do ORAL.

  1. O ORAL manterá actualizado o Censo de Vehículos da provincia, de acordo cos datos facilitados pola Xefatura Provincial de Tráfico.
  2. Despois do proceso de cada cargo de denuncias, o ORAL elaborará un resumo que conteña unha relación das denuncias que non se converteron en valor por matrícula inexistente ou protexida, ou por outras circunstancias, a cal se remitirá ao Concello respectivo.
  3. O ORAL establecerá as vías de información continuada ao Concello para que poida ter coñecemento puntual e constante do estado de tramitación do expediente e a situación do valor asociado, así como do estado da recadación. As autoridades e funcionarios dos Concellos, debidamente autorizados e acreditados, poderán facer o seguimento puntual da tramitación dos expedientes de sancións, así como obter resultados globais e estatísticas de xestión e recadación, accedendo á aplicación informática.
  4. O ORAL levará a contabilidade dos valores que obren no seu poder e renderá conta anual destes, nos termos establecidos na normativa vixente e noutras normas que se poidan ditar ó efecto.
  5. O ORAL informará os interesados acerca das dúbidas que formulen respecto da materia recadatoria, así como do estado de tramitación do seu expediente e de todos aqueles actos do procedemento que fosen notificados por este Organismo.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/07/2010 13:59
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/