[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Ordenanzas 2008
Ordenanzas 2011
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto

Páxina 1 2 [3]
ORDENANZAS 2011 

Artigo 7. Cota íntegra

    A cota íntegra será o resultado de aplicar sobre as bases impoñibles os tipos de gravame establecidos para cada modalidade de servizo conforme se detallan no artigo anterior.

Artigo 8. Bonificacións e exencións

    Gozarán dunha bonificación do 3 por cento na colaboración na xestión de tráfico os concellos que a través do correspondente convenio emitan a gravación de todas as denuncias de tráfico a través dos medios telemáticos facilitados polo ORAL.

Artigo 9. Esixibilidade

    A taxa será esixible dende o momento de inicio da prestación dos distintos servizos, non obstante practicaranse as liquidacións nos momentos que de seguido se sinalan para cada un dos servizos:
  1. No servizo de xestión, cando finalice o período de ingreso en voluntaria.
  2. No servizo de recadación en voluntaria, cando se realice o ingreso da débeda.
  3. No servizo de recadación en executiva, cando se realice o ingreso da débeda.
  4. No servizo de inspección, cando se recaden as liquidacións practicadas como consecuencia dos actos de inspección.
  5. No servizo de sancións de tráfico, cando se recaden as sancións impostas.

Artigo 10. Ingreso

    As cotas desta taxa ingresaranse no momento que se fagan as entregas de cartos ás administracións que se lles prestaron os servizos, mediante a retención do importe que en cada caso corresponda.

Artigo 11. Normas de xestión

  1. Practicadas as liquidacións ás que se refiren os puntos anteriores, no modelo que se estableza para o efecto remitiranse á Intervención para a súa fiscalización, xunto coa súa documentación xustificativa. Esta fiscalización pódese limitar a unha porcentaxe de todas as que se fagan, podéndose substituír a fiscalización pola toma de razón en contabilidade, podéndose tamén someter a un control financeiro posterior.
  2. Fiscalizadas as liquidacións someteranse á aprobación do órgano competente.
  3. Aprobada a liquidación notificaráselles esta ós suxeitos pasivos.
  4. Un exemplar das liquidacións e da resolución de aprobación serán remitidos á Intervención para a súa contabilización.

Disposición adicional primeira: sancións en materia de tributos e demais recursos de dereito público.

    O importe das sancións que impoña o ORAL por infraccións cometidas polos contribuíntes ou obrigados ó cumprimento de obrigas en materia tributaria ou de calquera outro recurso, corresponderalle, na súa totalidade, ó ORAL.

Disposición adicional segunda. Xestión de recursos para os que non existen tarifas aplicables nesta ordenanza

    A xestión de recursos para os que non se establecen tipos de gravame que lle resulten de aplicación nesta ordenanza, farase segundo as condicións e prezos que se determinen no correspondente convenio. Disposición adicional terceira. Xuros de mora Os importes recadados por xuros de mora corresponderanlles, na súa totalidade, ás administracións titulares dos recursos en cuxa xestión de cobro se recadaron.

Disposición adicional cuarta. Costas

    Son ingresos do ORAL as costas e os gastos legalmente esixibles ó obrigado ó pagamento nos que se incorra no proceso de recadación executiva.

Disposición adicional quinta. Vixencia de condicións especiais.

    Os convenios que recollan tarifas especiais, distintas as recollidas nesta ordenanza fiscal, seguirán vixentes ata o momento no que finalice a súa vixencia, non sendo posible a prórroga da vixencia de ditas tarifas, facendo esta disposición, a todos os efectos, de denuncia previa dos mesmos.

Disposición transitoria. Aplicación destas modificacións ás liquidacións en curso.

    As tarifas previstas nesta ordenanza aplicaranse ás liquidacións desta taxa que se aproben a partires da súa entrada en vigor.

Disposición final: entrada en vigor e aplicación

    Esta ordenanza foi aprobada con carácter definitivo o día 16 de febrero de 2010, e publicouse no Boletín Oficial da Provincia o día ……………………. Estas modificacións entrarán en vigor o día seguinte ó da publicación do texto íntegro dos artigos modificados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Páxina 1 2 [3]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/07/2010 10:35
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/