[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 16 DE XULLO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » A Deputación » Ordenanzas » Ordenanzas 2011
Páxina Principal
A Deputación
Presidencia
Corporación
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Ordenanzas 2008
Ordenanzas 2011
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto

Páxina [1] 2 3
ORDENANZAS 2011 

Ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación que se prestan no Organismo Autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL)

INTRODUCIÓN

    Este organismo foi constituído con efectos desde o 1 de xaneiro de 1994, data en que asumiu as funcións do Servizo de Recadación xestionado directamente pola Deputación, iniciando a súa andadura coa subrogación do expresado servizo, ampliadas con novas delegacións para a xestión, liquidación, inspección e recadación tributaria segundo o artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ademais das de xestión catastral e constituíndo a prestación destes servizos a actividade básica do organismo, ampliada nalgúns casos a recursos públicos non tributarios.
    No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto no art. 132 en relación cos artigos 15 ao 19 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo R.d.l. 2/2004 do 5 de marzo, establécese a taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación dos ingresos de dereito público que lle encomenden as entidades locais da provincia, que se esixirá de acordo ó disposto nesta ordenanza fiscal.

ORDENANZA

Artigo 1: Ámbito de aplicación

    A presente ordenanza ten por obxecto ordenar a aplicación da taxa polos servizos que presta o Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, e que se refiren á xestión, liquidación, inspección e recadación de tributos e outros recursos de dereito público da Deputación e ós seus organismos dependentes, entidades locais da provincia e doutras administracións públicas e institucións pola súa actuación na provincia.
    Mediante convenio regularase a prestación efectiva dos ditos servizos, agás no caso da Deputación e os seus organismos, nos que será potestativo e para as que será suficiente coa entrega dos valores a cobrar.

Artigo 2. Feito impoñible

    Constitúen o feito impoñible desta taxa a prestación dos seguintes servizos:
  • A. De xestión: este servizo consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións:
    1. Elaboración, modificación e aprobación das liquidacións individuais ou colectivas de tributos e demais recursos de dereito público.
    2. Notificación ou exposición pública das liquidacións.
    3. Resolución dos recursos, reclamacións e demais actos de revisión que se presenten contra as liquidacións.
    4. Tramitación de solicitudes de beneficios fiscais.
      A lectura dos contadores no caso da taxa de subministro de auga potable, será realizada pola entidade titular do servizo.
  • B. De recadación en período voluntario: este servizo consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións:
    • Cando a xestión dos recursos públicos non sexa competencia do ORAL.
      • Realizar a exposición ó publico ou a notificación individual das liquidacións.
      • Realizar os actos propios da función administrativa de cobro en voluntaria das ditas liquidacións.
    • Cando a xestión dos recursos públicos sexa competencia do ORAL. Realizar os actos propios da función administrativa de cobro en voluntaria das liquidacións previamente expostas ou notificadas.
  • C. De recadación en período executivo: este servizo consiste no exercicio,entre outras, das seguintes funcións:
    1. Realizar o cobro das débedas tributaria e dos demais recursos de dereito público que deben satisfacer os obrigados ó pagamento non satisfeitas no período voluntario, segundo os procedementos sinalados no Regulamento xeral de recadación e das ordenanzas fiscais que se diten.
    2. Realizar o estudo, coñecemento e resolución dos recursos, reclamacións e demais actos de revisión que en vía administrativa poidan presentarse contra os actos administrativos derivados da mencionada función.
  • D. De inspección dos tributos ou, no seu caso, dos demais recursos de dereito público. Dentro deste servizo podemos distinguir:
    1. Inspección de impostos: este servizo consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións: investigación dos supostos de feito das obrigas tributarias para o descubrimento dos que sexan descoñecidos pola administración, co obxecto de reflectilos nos correspondentes padróns ou matrículas dos impostos e, no seu caso, practicar as liquidacións individuais que correspondan.
    2. Inspección de taxas e prezos públicos (basicamente revisión masiva dos padróns de taxas e prezos públicos), este servizo consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións: investigación dos supostos de feito das obrigas tributarias para o descubrimento dos que sexan descoñecidos pola administración, co obxecto de reflectilos nos correspondentes padróns de taxas ou prezos públicos e, no seu caso, practicar as liquidacións individuais que correspondan.
    3. De inspección catastral: este servizo, no marco dos convenios asinados coa Dirección Xeral do catastro, consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións: comprobación, investigación catastral e, no seu caso, de inspección definidas no R.d. lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario así como na súa normativa de desenvolvemento.
  • E. De colaboración na xestión das sancións de tráfico: consiste no exercicio, entre outras, das seguintes funcións:
    1. Realización de procesos informáticos encamiñados á interconexión de información, gravación e emisión dos soportes físicos de expedientes sancionadores e a súa posterior notificación, de acordo co establecido na lexislación específica.
    2. Estudo, informe e resolución de reclamacións e recursos.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/07/2010 13:32
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/