[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Ordenanzas 2008
Ordenanzas 2011
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2011 

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos de Boletín Oficial
da Provincia

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA

    O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LRBRL), o artigo 132 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), e a Lei 5/2002 reguladora dos boletíns oficiais da provincia, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do TRLRHL, acorda a imposición e ordenación da taxa pola prestación de servizos do Boletín Oficial da Provincia.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    O feito impoñible desta taxa constitúeno:
    1. A actividade administrativa e técnica necesaria para inserir no Boletín Oficial da Provincia (BOP) toda clase de escritos, anuncios, requirimentos e textos.
    2. A impresión en soporte papel ou informático da edición electrónica do BOP.

ARTIGO 3. SUXEITO PASIVO

    Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2004, de 17 de decembro (LGT), que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas pola prestación de servizos do Boletín Oficial da Provincia, sempre que a publicación sexa motivada por estes, directa ou indirectamente.

ARTIGO 4. RESPONSABLES

  1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas referidas nos artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.
  2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA

    Ver anexo I.

ARTIGO 6. DEVENGO

  • Devéngase esta taxa e nace a obriga de contribuír cando se presenta a solicitude dalgún dos servizos do Boletín Oficial da Provincia.
  • Esta taxa esíxese en réxime de autoliquidación ou de liquidación previa, sendo anterior o seu pagamento á prestación do servizo.
  • Nas publicacións ordenadas por xulgados e tribunais, a instancia de particulares, o pagamento efectuarase cando se fagan efectivas as custas sobre os bens de calquera das partes.

ARTIGO 7. INGRESO DA TAXA

  1. As cotas desta taxa liquidaranse e esixiranse, con carácter xeral, no momento de presentarse a solicitude de cada servizo. Este ingreso será froito dunha liquidación que efectuará o interesado no seu domicilio ou na sección de Recursos económicos.
  2. Os interesados deberán remitir, xunto co oficio ou escrito, un xustificante de ter efectuado o ingreso mediante unha transferencia á entidade de CAIXANOVA, oficina principal de Pontevedra, na conta 2080-0401-68- 0040106618, na que faga constar “que é para inserir no BOP”, ou ben un xustificante ou carta de pagamento de ter efectuado o ingreso na Tesourería provincial. Sen o ingreso previo non se iniciará a prestación do/s servizo/ s.
    No caso de estaren exentos deberán pedir este beneficio indicando o precepto legal e os feitos habilitantes.
  3. Excepcionalmente e só cando existan fundadas razóns debidamente acreditadas se realizarán os traballos administrativos e técnicos, así como a inserción no BOP sen pagamento previo.
    A modo de exemplo podemos citar:
    • 3.1) Os relativos ós asuntos xudiciais nos que os interesados están declarados legalmente pobres para litigar, ou satisfacer no seu día as partes interesadas que resultan obrigadas a isto, segundo a finalidade do litixio.
    • 3.2) Os procedentes de abintestato tramitados de oficio, que deberán satisfacer no seu día os que resulten beneficiarios.
    • 3.3) Os procedementos de asuntos criminais, se houbese condena de custos e se fixesen efectivas por parte do xulgado correspondente.
    • 3.4) Nas publicacións ordenadas por xulgados e tribunais, a instancia de particulares, o pagamento efectuarase cando se fagan efectivas as costas sobre bens de calquera das partes.
    • 3.5) Calquera outro anuncio non incluído expresamente entre os gratuítos ou de pagamento previo, cando o acrediten os solicitantes da publicación, a concreta exención de pagamento en virtude do precepto con rango de lei, tratado ou acordo internacional.

ARTIGO 8. NORMAS DE XESTIÓN

  1. Os oficios, escritos, etc. para inserir no BOP, ó ter entrada no pazo provincial, trasladaranse ó Negociado de Xestión de Recursos Económicos para o seu rexistro e comprobar se a autoliquidación é correcta ou non. No caso de non ser correcta practicarase a liquidación complementaria, que será notificada eingresada nos prazos previstos no artigo 62 da Lei xeral tributaria.
  2. As cotas que non sexan autoliquidables, por darse os supostos previstos no apartado 3 deste artigo, liquidaraas o Negociado de Xestión de Recursos Económicos. Unha vez liquidadas notificaranse e ingresaranse de conformidade co previsto no artigo 62 da Lei xeral tributaria.
  3. Unha vez recibido o edicto e no caso de non presentarse a autoliquidación a administración do Boletín Oficial enviaralle ó suxeito pasivo a liquidación de taxas, na que se indican o importe e as normas para o seu ingreso.

ARTIGO 9. BENEFICIOS FISCAIS

  1. Nesta taxa só se admitirán as exencións e as bonificacións que veñan recollidas nos tratados ou acordos internacionais ou nas normas con rango de lei.
  2. Estarán exentas do pagamento da taxa as publicacións seguintes:
    • Aprobación das ordenanzas municipais de municipios de menos de 10.000 habitantes.
    • Aprobación das normas urbanísticas (plans xerais, normas subsidiarias e complementarias, plans parciais e especiais, estudos de detalle, programas de actuación urbanística, proxectos de urbanización, delimitacións de polígonos e unidades de actuación), excepto cando o planeamento sexa promovido por particulares.
    • Afectación, desafectación e alteración de bens de dominio público e patrimoniais.
    • Nos expedientes de contratación administrativa: aprobación de pregos de cláusulas xerais e de proxectos técnicos e mais as adxudicacións.
    • Aprobación de orzamentos, expedientes de modificación de créditos e da conta xeral.
    • Os anuncios en materia de persoal, a excepción das convocatorias para a selección de persoal, que si están suxeitas salvo as correspondentes a xuíces de Paz.
    • Notificacións por comparecencia que se efectúan en virtude do artigo 112 da Lei xeral tributaria, en procedementos de recadación dos tributos nos supostos nos que non fose posible a súa notificación.
    • Anuncios de procedementos electorais.
    • Convocatorias e bases de bolsas de estudos, cursos e subvencións.
    • Anuncios de delegación de competencias.
    • Notificacións dos artigos 59.5 e 60 LRJPAC, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos ou se trate dunha pluralidade indeterminada de persoas.
    • Convenios colectivos.
    • Rectificacións de anuncios, que terán idéntico tratamento cós anuncios que se rectifiquen, excepto os correspondentes ás licitacións públicas.
    • Os relativos a documentos expostos.
    • Os que correspondan a anuncios interesados pola Deputación ou calquera dos seus organismos ou entidades dependentes, sempre que non se poida repercutir a terceiros.
    • Anuncios da Administración de Xustiza en:
    • Procedementos civís acollidos ó beneficio de xustiza gratuíta.
    • Procedementos penais e laborais.
    • Procedementos contencioso-administrativos non instados por particulares, avogados ou procuradores.
    • Outros anuncios: a interpretar, en cada caso, de acordo coa normativa reguladora.
  3. As persoas ou as entidades que pidan a aplicación dalgún beneficio fiscal deberán solicitalo expresando os preceptos xurídicos e os elementos de feito autorizantes. O prazo de solicitude será o mesmo có de interposición dos recursos de reposición.

ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que a estas lles correspondan en cada caso estarase ó disposto na Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

  • Primeira. Cando, por calquera motivo non imputable á administración do boletín, non se produza a inserción do anuncio ou calquera outro texto no Boletín Oficial da Provincia os interesados poderán solicitar a devolución do depósito previo nas porcentaxes seguintes:
    1. Se se paraliza a tramitación antes de iniciarse a actividade técnica previa á inserción no Boletín . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 75%
    2. Se xa se iniciou a actividade técnica . . . 50%
    3. Se finalizou a actividade técnica e só falta a inserción. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25%
  • Segunda. Os anuncios, edictos e textos de todas as clases que teñan que publicarse no BOP remitiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
    En canto á correspondencia relativa ás inscricións e reclamacións de carácter administrativo e tributario dirixirase á oficina de Recursos Económicos da Deputación Provincial.Terceira. Se o anuncio remitido para a súa inserción se publicase con algún erro que o altere ou modifique de modo importante ou o invalide, por causas non imputables á administración do BOP, será por conta da persoa ou da entidade interesada. No caso contrario a rectificación será gratuíta.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo de aprobación inicial de modificación desta ordenanza adquiriu carácter definitivo o día 18 de xuño de 2010.
    As modificacións desta ordenanza fiscal entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xuño de 2010, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/07/2010 10:35
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/