Deputación de Pontevedra
Convocatoria dunha bolsa de licenciado/ a en Xeografía, con destino ao servizo de patrimonio documental e bibliográfico
De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en
virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das
Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca unha Bolsa de Licenciado Universitario en
Xeografía, consonte as seguintes:
BASES
PRIMEIRA.—OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, dunha bolsa,que ten por
obxecto a realización de tarefas de colaboración na Carcoteca Domingo Fontán e a casa do Mapa, dependentes do Servizo de Patrimonio Documental y
Bibliográfico.
SEGUNDA.—CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de
obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes
requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou ser nacional
dun dos países membros da Unión Europea.
- Estar en posesión do título de Licenciado/a
en Xeografía ou en condicións de obtelo na
data na que remate o prazo de presentación
de instancias.
- Non ter cumpridos os 35 anos de idade na
data na que remate o prazo de presentación
de solicitudes.
- Non estar incapacitado físicamente ou padecer
enfermidade que poida impedir o desenrolo
da actividade obxecto da bolsa.
TERCEIRA.—DOTACIÓN ECONÓMICA
Esta bolsa figuran cunha dotación económica de
1.200 €/mes, que se imputará á aplicación
332.330.481.01 do orzamento provincial.
O pagamento da bolsa ó/á beneficiario/a realizarase
a partir da incorporación dos bolseiros/as,
por mensualidades completas ou por fracción proporcional
ó tempo de goce das bolsas para os casos
nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación
nunha data non coincidente co mes natural.
O goce da bolsa será incompatíbel con calquera
outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir
da súa concesión.
CUARTA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso
dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial
de Pontevedra e presentaranse no rexistro
xeral da Corporación Provincial no prazo de 5 días
naturales, contados a partir do seguinte ao da publicación
desta convocatoria no Boletín Oficial da
Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a
seguinte documentación:
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade,
ou calquera outro que o substitúa.
- Documento acreditativo de estar en posesión
da titulación esixida ou en condicións de obtela
na data en que finalice o prazo de presentación
de solicitudes.
- Curriculum vitae e documentación acreditativa
deste.
- Declaración xurada comprometéndose o solicitante
a renunciar, se fose seleccionado, a
calquera tipo de actividade remunerada durante
o tempo que goce da bolsa.
- Certificado que acredite non estar incapacitado
físicamente ou paceder enfermidade que
poida impedir o desenvolvemento da actividade
que constitúa o obxecto da bolsa, ou
declaración xurada do solicitante conforme
este requisito se cumpre.
QUINTA.—COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos
interesados constituirase unha Comisión de Selección,
que estará integrada polos seguintes membros:
- Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra,
D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado
provincial en quen delegue.
- Vogais:
- Un Deputado provincial.
- O Xefe do Servizo de Patrimonio Documental
e Bibliográfico.
- Un funcionario Técnico Superior pertenencente
a Deputación Provincial de Pontevedra.
- Secretario: O da Deputación Provincial de
Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación
superior en quen delegue.
Todos os membros terán voz e voto.
A Comisión non poderá constituirse nin actuar
sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros,
titulares ou suplentes indistintamente.
SEXTA.—SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a
celebración dunha Entrevista Persoal, relacioada
co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes,
que será valorada de (0,00 á 5:00 ) cero a cinco puntos,
e na que os aspirantes farán a súa exposición
curricular.
Os aspirantes serán convocados á mesma, unha
vez rematado o prazo de presentación de instancias,
coa publicación na páxina web do listado de
admitidos, onde se indicará a data e hora de celebración
da mesma.
Concluída esta fase, a Comisión publicará no
Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación
o listado de puntuacións obtidas.
SÉTIMA.—RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta
de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación
desta bolsa ao aspirante que consideren
máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación
de acordo có especificado na cláusula sexta das
presentes Bases.
OITAVA.—CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:
- As bolsas terán unha duración de seis meses, a
contar dende a data na que o adxudicatario
comence o seu desempeño no Servizo de Patrimonio
Documental e Bibliográfico e poderán
ser prorrogadas por un único período de seis
meses, á vista do informe favorable do Xefe de
Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico
e o acordo da Xunta de Goberno.
- A bolsa será incompatible co desempeño de
calquera outra actividade remunerada, calquera
que sexa a natureza desta última.
- Os beneficiarios/as das bolsas comprometeranse
a observar o horario de traballo e disciplina
do Servizo de Patrimonio Documental e
Bibliográfico có fin de non entorpecer o labor
do persoal do centro e sen que iso implique
relación de traballo laboral remunerado.
- A aceptación e goce destas bolsas non establece
relación laboral nin funcionarial coa
Deputación Provincial de Pontevedra, non
implicando en consecuencia ningún compromiso
para unha posterior incorporación ou
vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
- A decisión da Comisión deberá producirse
antes de que transcorran dous meses, contados
a partir da publicación da convocatoria.
NOVENA.—DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos
poderán retirar a documentación presentada
para participar nesta convocatoria no plazo de tres
(3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación
da adxudicación da bolsa. Transcurrido
este plazo, esta Excma. Diputación Provincial
resérvase o dereito a destruir dita documentación.
DÉCIMA.—INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as
dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios
para o desenvolvemento do concurso así
coma no non previsto nas presentes Bases.
UNDÉCIMA.—DEREITOS SUPLETORIOS
A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/
a e a realización dos traballos que dan dereito á
bolsa, suxetaranse ao previsto nas presentes Bases,
e ademáis, ao previsto na Lei Xeral de Subvencións
e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións
Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Pontevedra, a 23 de xuño de 2010
|