[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Moaña » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Moaña
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
MOAÑA 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización, incorporacións e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 4.649 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual desde 1818 ata a actualidade.

A maior parte dos fondos documentais corresponden ó século vinte con notorias perdas, sendo apenas douscentos os expedientes conservados do século dezanove, especialmente de quintas, contribución rústica e urbana e algúns testemuños de patrimonio e obras municipais e das xuntas locais de Ensino e Sanidade.

Tamén sobresae a perda de libros de actas, soamente conservadas dende 1903, co que se carece desta imprescindible fonte de información sobre a vida local no século dezanove, especialmente no referido á realidade do Concello de Meira. En todo caso, consérvase en bo estado un elevado volume documental.

Aquela documentación referida ó control e xestión presupostarios, dende 1904, con continuidade, ós impostos, a máis abundante, xunto coa derivada da execución das obras municipais e do control sobre as que realizan os particulares.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado no propio concello e no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 21.216 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 13:00
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/