[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Portas » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Portas
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
PORTAS 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 1.663 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1837 ata 2017.

A maior parte dos fondos documentais corresponden ó século vinte con algunhas perdas documentais En todo caso consérvase en bo estado un elevado volume documental, especialmente significativo e completo no caso dos libros de actas do Pleno dende 1837; tamén hai documentación electoral dende 1845, referida ás quintas dende 1838, ou da xestión presupostaria e da contribución territorial dende 1850.

Aquela documentación referida ó control e xestión presupostaria e ós impostos da contribución territorial rústica e urbana é a máis abundante, xunto coas obras municipais e dos particulares.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 14.880 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/02/2018 09:27
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/