[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Portas » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Portas
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
PORTAS 

O local

Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha moderna edificación de finais do século vinte, distribuída en baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, situada nun contorno concibido como área de servicios do concello, xunto co centro de saúde, casa de cultura, pavillón de deportes e centros escolares.

Distribúese a casa do concello en baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta. O baixo dedícase a oficinas e servicios municipais; a primeira planta acolle despachos e salón de sesións; no baixo cuberta é onde se dispón o arquivo. Destaca no conxunto da edificación o resalte da zona central da fachada principal tanto en altura coma cara ó exterior.

Como dixemos, o local do arquivo municipal ocupa actualmente o baixo cuberta, remozado e adaptado para o efecto e con acceso directo dende a planta baixa mediante unha ampla escalinata central. Distribúese en tres salas cun total aproximado de setenta metros cadrados, nas que se procedeu á instalación dos equipamentos necesarios para a súa función de tratamento e conservación documental. Combina estantería metálica e de madeira, con máis de cento vinte metros lineais, abondos para os fondos existentes.

Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición, renovada instalación eléctrica e axeitadas condicións de habitabilidade e de illamento.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/02/2018 09:26
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/