[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Arquivo Deputación Provincial » Fondos e coleccións » Outros fondos » Fondos públicos » Ateneo de Pontevedra
Páxina Principal
Arquivo Deputación Provincial
Ficha técnica
Local
Fondos e coleccións
Arquivo Deputación. (Institución)
Fondo Deputación
Outros fondos
Fondos públicos
Unión de Xornalistas de Pontevedra
Asociación da Prensa de Vigo
Xunta Provincial de
Ordenación Económico-Social
Xunta de Axuda a Municipios
Instituto Nacional de Colonización
Xunta Provincial de Electrificación
Ateneo de Pontevedra
Servizo Nacional de
Inspección e Asesoramento
das Corporacións Locais
Padroádego de Vivendas
de Funcionarios
Gota de Leite
Inclusa Provincial
Hospicio
Fondos privados
Familia Caamaño
Casa de Porto-Briallos
Colección Gaspar Massó
Familia Malvar
Familia Mosquera
Familia Domínguez-Sánchez
Familia Nores
Colección Augusto Bárcena Saracho
Marqueses de Leis
Pazo da Buzaca
Pazo Torre Quintáns
Reprografía de complemento
Dixitalización documental
Patrimonio Documental Provincial

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 [12]
ARQUIVO DEPUTACIÓN PROVINCIAL 

Ateneo de Pontevedra



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.22.
1.2. Título ATENEO DE PONTEVEDRA
1.3. Datas 1966-2008
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 10 unidades de instalación con 54 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Ateneo de Pontevedra (1965-)
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
O Ateneo xerminou entre o 25 de outubro de 1965, data de constitución da súa comisión xestora, e o 18 de novembro de 1966, data de elección da súa primeira xunta directiva. Ese ano longo de etapa constituínte resultou imprescindible para dar forma ao proxecto, captar unha potente masa social e cumprimentar a súa legalización administrativa. Os vinte e un membros da súa comisión xestora formaron unha admirable prata-xunta democrática, que cubría un amplo espectro ideolóxico. Desde a fidelidade incuestionable ao Réxime, até a simpatía non disimulada polo marxismo, pasando pola democracia cristiá. Todos os seus membros foron capaces de confluír nun Ateneo de todos e para todos, como casa común "para a liberdade de discusión e independencia de criterio". Curiosamente máis dun terzo dese grupo fundador eran catedráticos dos dous institutos (masculino e feminino) que había na cidade: José Ramón Alonso Rubiera, Pablo Carpinteiro Organero, José Filgueira Valverde, Marcelino Jiménez Jiménez, Isidoro Millán González-Pardo, Esteban Rodríguez Salazar, Manuel Sánchez Méndez e Gonzalo Torrente Ballester. Este último foi o redactor do manifesto de presentación ante a cidadanía, e non parou de incentivar a súa actividade até a súa marcha a Estados Unidos poucos meses despois. E neste grupo encadrábase tamén Federico Cifuentes Pérez, inspector de Primeiro Ensino. O grupo de profesionais integraba aos avogados Gonzalo Adrio Barreiro e Manuel Suárez Santiso; os médicos Juan José Barbolla Abión e Bernardo Salom da Fouce, o notario Alfonso Zulueta de Feixe e o arquitecto Alfonso Barreiro Buján. E como artistas e funcionarios estaban Manuel Cuña Novás, Luciano do Río Bicada, Agustín Portela Paz, Antonio Odriozola Prietas e Juan Manuel Lazcano Castedo, xunto ao inevitable Eduardo López Merino, delegado provincial de Información e Turismo. A submisión que o Ateneo pactou co Ministerio de Información e Turismo foi máis aparente que real. Case sempre se saíu coa súa, posto que lidou con habilidade e soltura á autoridade gubernativa, que fixo a vista gorda en non poucas ocasións. A maior parte dos seus socios saíron do Cinema-Club de Pontevedra, que había nado dez anos antes e revelouse como un cooperador necesario. O caldo de cultivo daqueles ateneístas foron uns cinéfilos empedernidos, que ampliaron canto puideron as súas canles participativas. Non houbo intelectual ou figura destacada daquel tempo no ámbito cultural español que non aceptase unha invitación para falar no Ateneo de Pontevedra. O seu prestixio foi enorme, e o seu local social foi un punto de encontro, acolledor e frutífero para quen fomos os seus privilexiados socios xuvenís. Ao longo da década dos 70, o Ateneo fixo a súa particular travesía do deserto, co inesquecible Juan Vidal Fraga. Durante doce longos anos permaneceu á fronte dunha entidade case sen actividade para evitar a súa morte por inanición ata que, ao fin, entregou a substitución na presidencia ao doutor Jesús Díaz Bustelo en 1982. Entón xurdiu un Ateneo máis minoritario, que é o que agora subsiste con moito entusiasmo. De Antón Louro a Jaime Domínguez, pasando por Carlota Román, todos os seus presidentes esforzáronse ao máximo por manter a chama dos seus inesquecibles fundadores.
2.3. Historia arquivística Documentación depositada no Arquivo da Deputación no ano 2009 para a súa custodia, relativa a fondos do Ateneo de Pontevedra derivados da súa xestiós e actividade cultural e formativa. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín.
2.4. Forma de ingreso Depósito de Antón Sobral, presidente do Ateneo de Pontevedra


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Documentación sobre o funcionamento do Ateneo de Pontevedra, especialmente entre o 1990 e o 2007, con especial referencia ós actos e actividades culturais e a contabilidade. Inclúe tamén o regulamento de 1966, correspondencia dos anos noventa e un libro de rexistro de socios de 1966 a 1988.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Non están previstos.
3.4. Organización Inclúe: regulamentos, libro rexistro de socios, correspondencia, documentación contable e relativa a contrataciónes e compras, así como documentación derivada da planificación e execución de actividades culturais e pedagóxicas. Caddro de clasificación:

1. ADMINISTRACIÓN (1966/2006)
1.1. Regulamentos (1966)
1.2. Correspondencia (1991/2004)
1.3. Expedientes de socios (1966/2006)

2. ACTIVIDADES (1991/2008)
2.1. Actividades culturais (1991/2008)

3. CONTABILIDADE (1988/2005)
3.1. Documentos contables (1988/2005)


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: Bo.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM con 54 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Febreiro de 2018

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 [12]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2018 12:53
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/