[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Sanxenxo » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Sanxenxo
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
SANXENXO 

O local

Ata a última actuación víñanse conservando estes fondos na torre da casa do concello, nunha terceira planta, con notables problemas de espacio e operatividade.

Na última actuación o local do arquivo municipal foi trasladado ó baixo dun edificio próximo á casa do concello, procedendo á súa reforma e adecuación a esta nova finalidade a partir dunha concepción prioritaria de depósito documental do elevado número de unidades de instalación que se conservan.

Ocupa unha gran sala rectangular cunha superficie superior ós cento vinte metros cadrados, no que se procedeu a instalar o maior número de estantería metálica posible, parcialmente compactada, cunha superficie útil total estimada superior ós oitocentos metros lineais, e habilitar unha pequena zona de traballo e consulta a carón da entrada ó local.

Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición, moderno equipamento informático e adecuadas condicións de habitabilidade, seguridade e de illamento.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/03/2011 09:26
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/