[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Forcarei » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Forcarei
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
FORCAREI 

O local

A actual casa do concello é unha moderna construcción que se rematou en 1980; organizada en catro volumes de diferentes alturas, integrouse no contorno dunha ampla praza, tomando como material principal formigón armado, estructuras metálicas e abundante acristalamento.

Dentro desta mostra de construcción civil contemporánea a maior parte das oficinas e o propio arquivo atópanse na planta baixa, nunha situación idónea que permite o seu uso frecuente. O local dedicado a arquivo ten forma rectangular, con ventilación e iluminación suficientes, contando coas adecuadas condicións de habitabilidade e cos equipamentos necesarios para as súas funcións de conservación e información documental.

O local dispon dun total de trinta e oito metros cadrados nos que se instalou recentemente estantería metálica compactada na procura dun maior aproveitamento espacial posible.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/07/2009 14:03
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/