[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Moraña » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Moraña
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
MORAÑA 

O local

A casa do concello é unha edificación en pedra, distribuída en baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, que na actualidade é insuficiente para acoller todos os servicios que se prestan dende o concello.

Neste edificio ocupa o arquivo un pequeno espacio no baixo cuberta que se foi reducindo co paso dos anos a fin de poder situar outros servicios e que derivou na necesidade de buscar un espacio fóra da casa do concello para a conservación documental, deixando este pequeno local para aquela documentación de tramitación recente ou de uso habitual.

A tal fin rebozouse e reformouse unha antiga escola unitaria no mesmo casco urbano e así contar cun espacio de depósito, sanitarios, tratamento e consulta dos fondos documentais conservados no concello. Resulta un local de máis de setenta metros cadrados, con algo máis da metade dedicada á colocación de estantes nos que gardar a documentación.

Neste local procedeuse á instalación en fases sucesivas dos equipamentos necesarios para a función de almacenamento e tratamento documental contando na actualidade cunhas condicións idóneas de habitabilidade, seguridade, illamento, ventilación e iluminación, así como con máis de cento cincuenta metros lineais de estantería metálica, deshumidificador, mesa de consulta e ficheiro.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/10/2007 10:26
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/