O local
A casa do concello, construída en 1898, é unha edificación en pedra, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta. A notable altura de cada planta permite o dobre aproveitamento nalgunhas zonas, como as que albergan o arquivo municipal.
Presenta un clásico estilo ecléctico e decimonónico, con amplas escalinatas e grandes espacios abertos, que condicionan o seu uso actual.
O local do arquivo, que nos inicios do proceso de organización ocupaba o baixo cuberta, foi trasladado a dous espacios secundarios a cadanseu lado da escaleira principal, na entreplanta do baixo do concello.
Son un total de cincuenta e seis metros cadrados, que foron dotados dos equipamentos necesarios para a súa función, con accesos dificultosos e que na actualidade presentan problemas para seguir albergando novas transferencias documentais, o que conlevará a busca de solucións nun futuro inmediato.
|