[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Moraña » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Moraña
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
MORAÑA 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 2.305 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas do período interanual que vai de 1837 ata o 2015.

A práctica totalidade dos fondos corresponden ó século vinte con apenas setenta expedientes do dezanove. Entre as perdas documentais destacan os libros de actas dende 1850 a 1886 ou os da Xunta Municipal de Asociados, anteriores a 1895. A documentación electoral non vai máis alá de 1949 coa excepción dunha referencia á cita electoral do ano 1925. Os padróns de habitantes teñen testemuños dende 1901 e a documentación presupostaria dende 1886 con certa continuidade, resultando ser o fondo máis voluminoso.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por máis de 19.332 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 09:44
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/