[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Pontecesures » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Pontecesures
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
PONTECESURES 

Introducción

O territorio do concello de Pontecesures sitúase norte da provincia de Pontevedra, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Padrón, A Estrada e Valga.

Ocupa unha superficie total escasamente superior ós seis quilómetros cadrados con trece entidades de poboación e unha única parroquia: San Xulián de Pontecesures, na que residen algo menos de tres mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. Esta parroquia dependía daquela da xurisdicción de Padrón con señorío do arcebispo de Santiago.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos a parroquia antes chamada de San Xulián de Requeixo foi integrada, dentro do conxunto do partido xudicial de Caldas de Reis, no concello de Valga. No ano 1822 chegou a funcionar o concello de Requeixo integrado por esta parroquia e a de Campaña.

Esta situación mantense ata o mes de outubro do ano 1925, data na que se constitúe o concello de Pontecesures coa súa configuración actual, logo da súa previa constitución como entidade local menor.

Deste funcionamento continuado do concello xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, derivando na actual situación na que se dispón dunha superficie suficiente e axeitadamente equipada para a súa conservación, tratamento e consulta.

O primeiro destes procesos organizativos levouse a cabo en 1992, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos.

Coincidindo con estas actuacións procedeuse tamén á organización e descrición dos fondos do xulgado de paz, conservados neste mesmo local como fondo independente e formado por un total de corenta e cinco unidades de instalación, e mais os distintos libros do rexistro civil conservados nas súas propias dependencias, con documentación de período que vai de 1925 ata a actualidade, ocupando algo máis de seis metros lineais de documentación.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/09/2008 12:12
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/