[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Grove, O » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Grove, O
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
GROVE, O 

A documentación

O fondo documental do arquivo municipal deste concello conta con 5.035 unidades de instalación, o que supón un elevado nivel de conservación ó longo dos anos de funcionamento, moi superior á media dos concellos da provincia.

Presenta en xeral un axeitado estado de conservación, disposta na súa totalidade en caixas de cartón ríxido e colocada en estantería metálica. A maior parte corresponde ó século XX e as seccións 4 (Facenda) e 3 (Servicios), especialmente nesta caso as referidas a obras propias e municipais.

Destacar como singular os fondos referidos á illa da Toxa e ós múltiples conflictos e avatares dela, así como a conservación das actas dos principais órganos colexiados de goberno: do Pleno dende 1840, da Xunta de Asociados dende 1870 e da Comisión Municipal Permanente dende 1924.

Para facilitar o uso e aproveitamento dispón este arquivo municipal dos instrumentos de descrición necesarios para o seu manexo: cadro de clasificación e inventario somero, que aquí se ofrecen e inventario detallado, describindo individualmente de forma sencilla a práctica totalidade dos expedientes conservados das distintas series.

Estes instrumentos poden ser consultados de xeito tradicional en papel e ficha ou en soporte informático. O programa Clarisa usado para a súa informatización é unha base de datos que contén neste caso 40.918 rexistros correspondentes cada un deles á descrición dun documento, libro ou expediente. Tódolos instrumentos descritivos están dispoñibles nas propias instalacións do arquivo e no arquivo da Deputación Provincial.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 10:01
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/