[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 30 DE MARZO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Cangas » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Cangas
Ficha técnica
Introducción
Fondo. Norma ISAD(G)
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
CANGAS 

O local

A casa do concello de Cangas é un moderno edificio acristalado, inaugurado a finais de 1995; considerase como unha obra de vangarda que leva o selo dun laureado arquitecto: Alberto Noguerol.

Representa unha estrutura cúbica, con semisoto, baixo e dúas plantas, no que predominan os espazos abertos e a procura da luz, nun intento de innovar a forma de tramar un espazo administrativo.

O arquivo municipal ocupou nos últimos anos sucesivas sedes (Escola de Barbicas, edificio Escola Taller) moitas veces fóra da propia casa do concello por problemas de espazo. Coas novas instalacións decidiuse a nova ubicación do arquivo municipal no semisoto da casa do concello, con acceso dende a planta baixa por escalinata ou ben por ascensor.

Toda a superficie desta planta, con máis de trescentos cincuenta metros cadrados, dedícase a conservación do patrimonio documental xerado polo concello, con equipamentos tanto de estantes metálicos tradicionais como compactados, en salas cerradas ou espazos abertos, tal e como se aprecia no plano.

Dispón de mesa de traballo e consulta, equipamento informático e sistemas de regulación da temperatura ambiental.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/02/2009 13:01
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/