[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 30 DE SETEMBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Cangas » Fondo. Norma ISAD(G)
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Cangas
Ficha técnica
Introducción
Fondo. Norma ISAD(G)
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7 8 9 10
CANGAS 

Arquivo municipal de Cangas



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36008.AMCAN.
1.2. Título Arquivo municipal de Cangas
1.3. Datas 1817-2014
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 2.119 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Cangas
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Cangas está situado na costa pontevedresa, na península do Morrazo, limitando cos concellos de Bueu e Moaña ec o Océano Atlántico.

No antigo réxime o territorio que hoxe forma o concello de Cangas dependía dunha xurisdición do mesmo nome, con señorío do Arcebispado de Santiago e, no caso de Aldán, tamén da Marquesa de Vilar.

No proceso de formación dos primeiros concellos constitucionais, nos primeiros anos do século XIX chegaron a constituírse os de Hío, Coiro e Cangas.

Co gallo da división municipal emanada do R.D. de 23 de xullo de 1835, dentro do Partido Xudicial de Pontevedra, logo de varias propostas e modificación relativas ó número de parroquias que o debía formar, créase o actual concello de Cangas no ano 1836, formado por tres parroquias: “Vila de Cangas, Coiro e Darvo”, cun total de 1.138 veciños e 4.550 almas.

Xa dende o primeiro momento houbo intentos por parte das parroquias de Hio e Aldán de segregarse do concello de Bueu, no que foran incluídas e integrarse no de Cangas. Houbo sucesivas peticións, especialmente en 1837 e 1844, pero non será ata 1873, na sesión de 28 de febreiro cando se acordo dita modificación.

Por outra parte houbo intentos que non frutificaron de parte dos veciños de Coiro para segregarse e formar un concello propio.

De todo elo xurdiu o actual concello de Cangas, formado por cinco parroquias, dispersas nos cáseque 40 quilómetros cadrados con 54 entidades de poboación.

2.3. Historia arquivística

A documentación do arquivo municipal de Cangas foi debidamente organizada, coa súa total clasificación e descrición no ano 1987 por parte do persoal do Servizo Técnico de Patrimonio Documental e Bibliográfico, dacordo co procedemento e cadro de clasificación usado daquela nos arquivos municipais da provincia.

Resultaran máis de 1.781 unidades de instalación, instaladas en caixas de arquivo, e máis de 1.980 libros, que naquel proceso levaban una instalación e descrición diferenciada.

Custodiábase daquela un importante volumen documental con notorias testemuñas do século dezanove: documentación de quintas dende 1790; dos orzamentos dende 1859; das obras municipais dende 1836; da contribución rústica dende 1841 e dos consumos dende 1818. En todo caso a maior parte do fondo, como é habitual pertence ó século XX e refírese a xestión contable e ó control da actividade urbanística dos particulares.

Sucesivas disposicións físicas, traslados, carencia de espazos e outros avatares impediron ata o ano 2008, pese a reiterados intentos anteriores, iniciar o proceso de reorganización de acordo coa normalización iniciada no ano 1996 nos arquivos da provincia, adaptándose á proposta consensuada a nivel nacional.

Nesta primeira actuación conseguíuse a incorporación de 2.119 unidades de instalación, correspondentes á práctica totalidade das licenzas de obras, estando prevista a continuidade do proceso de reorganización, incorporación documental e informatización dos instrumentos de descrición para facilitar o seu manexo e consulta, elaborándose a tal fin una base de datos do inventario detallado dos expedientes e documentos con 24.681.

Estes traballos, nas diferentes etaps, foron levados a cabo polo seguinte persoal:
José Luis Castro Carpintero
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Elena Aguete Landín
María Teresa Cimadevila Estévez
Mª Jesús Nuñez Portela
Leonor Rey Rey
Lucía Campos Alonso
Laura Pereira Ramilo
Iria Chaves Moledo
Isabel Couso Bravo
Jose Manuel Alonso Riobó
Antón Vázquez Escudero
Oscar Pena Espiño
Miguel Ángel Rocafort Ferradás
José Ángel Reyes González

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido
3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición

Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.



5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións

*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356

*Historia de Cangas/ VV.AA. Pontevedra.- Diputación Provincial, 2007. 645 p.; il.; 24 x 17 cm. ISBN: 978-84-8457-286-2. Colección “Ensaio e investigación”.

* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”



6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/06/2017 10:58
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/