deputación de pontevedra
PREMIOS A DEPORTISTAS 2008 gala do deporte
bases
A finalidade é premiar ós mellores deportistas pontevedreses (masculino-femenino) polos méritos deportivos acadados no ano 2008.
PRIMEIRA Cada Delegación Provincial das distintas Federacións Deportivas Galegas, ou, no seu caso, as propias Federacións ou Clubs, proporán ós/ás dous/dúas candidatos/as que, ó seu criterio, sexan acreedores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma.
SEGUNDA Poderán ser propostos/as, como candidatos/as, tódolos/tódalas deportistas naturais ou con cinco anos de residencia na provincia de Pontevedra. Os/as candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como Clubs.
TERCEIRA As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 19 de xaneiro do 2009, a proposta dos/as candidatos/as, xunto co currículo de méritos de cada un deles/as e a memoria explicativa no que basee a súa proposta.
CUARTA Para designar ó/á Deportista máis destacado/a, nomearase un Xurado que estará integrado polos seguintes membros:
- Presidente: O titular da Deputación ou deputado no que delegue.
- Vogais:
- Nove representantes da Asociación de Prensa Deportiva.
- Seis Deputados/as provinciais, en representación dos Grupos da Corporación, na seguinte proporción: tres do Partido Popular, dous/dúas do PSOE e un/unha do BNG.
- Un/unha representante das Federacións Deportivas.
- Un/unha representante do Servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra.
- Secretario:O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue.
A resolución do Xurado, así como a composición das persoas que o integran, farase público o mesmo día da súa celebración darase a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas Federacións, ós/ás candidatos/as e ós/ás deportistas premiados/as.
Ós citados membros aboaráselle a cantidade de 45,00 € por cada reunión celebrada ata a resolución final dos premios.
QUINTA Á parte das nominacións formuladas polas Federacións e Clubs, o Xurado terá a facultade de propoñer nominacións.
SEXTA O Xurado designará, así mesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ó que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2008, nomeándo/a “DEPORTISTA PROVINCIAL DO ANO”.
SÉPTIMA O Xurado designará “un premio especial” á Entidade ou Empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedora do mesmo.
A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade.
OITAVA A entrega de distincións efectuarase no transcurso da “FESTA PROVINCIAL DO DEPORTE”, que, a tal fin, organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as.
Pontevedra, 22 de xaneiro de 2009
|