[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Covelo » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Covelo
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
COVELO 

A documentación

Neste local instaláronse as 1.541 unidades resultantes do proceso organizativo logo do proceso de actualización e adaptación á proposta elaborada para organizar arquivos municipais a nivel nacional.

Como se deduce do volume documental conservado, a pesar do coidado actual e das actuación dos últimos anos, foron moitas as perdas producidas, especialmente destacadas nas actas do Concello, que non van máis alá de 1901, faltando polo tanto todas as correspondentes ó século pasado, coa conseguinte perda dunha valiosísima fonte de información.

Si se conservan en cambio as actas da Xunta Municipal de Asociados dende 1873 a 1824 e as doutros órganos colexiados de goberno como a Comisión Municipal Permanente ou as diferentes xuntas , destacando a de Sanidade, dende 1889 a 1958, ou a Xunta Pericial, dende 1901 a 1965.

A pesar de contar con testemuños documentais dende 1809 a maior parte do fondo corresponde ó século actual e as seccións de Facenda, derivadas do control e xestión presupostaria, e de Servicios, principalmente relacionadas coas subseccións de obras e urbanismo, poboación e quintas e milicias.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) coma informático, nunha base de datos formada por 12.618 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:15
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/